Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Colexio Público “A Laxe” organiza a recollida de productos solidarios para enviar a Ucrania por medio de empresas seguras

Carriola.Redacción.05.03.22

O Colexio Público A Laxe” toma unha iniciativa que pode axudar aos veciños de Marín a canalizar a súa solidaridade co pobo de Ucrania que está a sufrir a desfeita producida polos rusos de Putin habendo de inxustas vítimas de todas as idades. Desde a dirección do centro se nos remite un comunicado en principio destinado á súa propia comunidade educativa, pero que pode satisfacer o desexo vecinal de colaborar na causa e que dí así:

"O CEIP da Laxe establece relacións con empresas que levan os produtos directamente a Polonia co fin de axudar aos ucranianos dende o noso centro con material para reforzar os servizos sanitarios.

Facemos unha chamada a toda a comunidade educativa coa doazón de produtos específicos:

- Pañais para bebés (diferentes tamaños)

- Pañais para adultos

- Toallitas hixiénicas

- Produtos de hixiene feminina

- Pasta de dentes

- Apósitos médicos

- Vendaxes

Durante os días 7, 8, 9 e 10 de marzo habilitarase na biblioteca do centro un espazo destinado a este fin.
 "Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño" Mahatma Gandhi

 O CEIP da Laxe considera que non podemos ser totalmente pasivos ante a situación que se está a vivir, por iso recomenda involucrar á comunidade educativa na axuda humanitaria, de xeito que o alumnado, as familias e o profesorado fagan doazóns aos máis necesitados. O centro escolar tamén ten previstas unhas charlas para todo o alumnado, adaptada ás diferentes idades co fin de concienciar ao alumnado pero tamén de axudarlles a controlar a incertidumbre e os temores.

CEIP DA LAXE
República Arxentina, 40
36900 Marín
T. +34 886 151 345
ceip.dalaxe@edu.xunta.es
www.edu.xunta.es/centros/ceipdalaxe/

roslev