Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A final autonómica de Best Hit Battles Galicia terá como escenario oauditorio de Briz o día 3 de abril

Carriola.Concello.12.02.22

O Rap e o Freestyle encherán de actividade o auditorio do parque de Briz onde se celebrará a final galega da especialidade segundo informaron o concelleiro Hugo González e Bstián Hermo, que darán posibilidade a dous participantes para acudir ao Campionato Nacional de Alacante

Marín converterase na capital galega do rap e do freestyle o próximo 2 de abril, cando a Finca de Briz acollerá a BHB Final Autonómica, a partir das 17.00 horas segundo informaron o concelleiro Hugo González e o representante de Best Hit Battles Galicia, Bastián Hermo Buceta.

Cinco clasificatorias previas

Esta final autonómica chega despois de cinco clasificatorias que se organizaron previamente en distintos puntos de Galicia, Marín incluído entre cidades como Vigo, Ourense ou A Coruña; para poder reunir aos 16 mellores freestylers galegos. Eles serán os que se enfrentarán o 2 de abril en Briz: Acrox, Adriano, Berros, Crespo, Dyru, Hastro, Hombre P, Hugo, JDR, Jota, LE33, Lil Manin, Ruvix, Sozat, Tripo e VR.

Clasificación para a gran final Nacional

Os dous gañadores, poderán clasificarse para a final nacional da General Rap Alicante, que se celebrará o 13 de agosto, coa viaxe incluída. Esta competición estatal puntúa para o ranking de ascenso en segunda división de freestyle de España.

Os xuíces serán o propio Basti e outro marinense, Polo; Hero, de Pontevedra; Yosua, de Lugo e Xenxo, de Ourense. Entre as batallas, haberá tamén concertos de MKP e Gesto Feo.

Para Marín é un grande orgullo o acoller este tipo de eventos, sobre todo despois das boas experiencias que tivemos coas peleas de galos nas que colaboramos noutras ocasións, como a do Marín Gaming Fest, que foi un éxito de participación tanto de público como de freestylers”.

Animamos a todos a participar e vir desfrutar do mellor freestyle galego, incluso para xente que non coñeza esta disciplina

 

roslev