The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Ateneo Santa Cecilia convoca a Asamblea Xeral Ordinaria para rendir contas e aprobar o próximo orzamento

Carriola.Redacción.16.02.22

O Ateneo Santa Cecilia ten convocados aos socios e socias da entidade para a asemblea que terá lugar o martes día cinco de abril e cita no local da propia entidades ubicado na Rua do Forno 42, baixo.

A reunión iniciarase con toda seguiridade ás oito da tarde se non se reúne o quorum necesario na primeria convocatoria sinalada para as 19,30.

Esta asemblea ten como finalidade principal a presentación de contas do exericio e tamén o informe de xestión da xunta directiva que fará o presidente Lois Dopazo, así como a presentación do orzamento  para o próximo exercicio.

Terminará a reunión co habitual punto de rogos e preguntas que facilitará a intervención dos socios asistentes en ambos aspectos.

 Inaugurada a exposición colectiva

Por outra banda, o Ateneo Santa Cecilia lémbra que xa está aberta ao público a exposición colectiva que, baixo o título “Encuentros”, ofrece obras dos artistas David Santiago Martínez, Alba Parado Fuentes e Pablo Santiago Martínez, mostra que pódese visitar  ata o 26 de marzo na nosa sede (Rúa do Forno, 42, baixo) no noso horario habitual. 

Esta mostra de pintura presenta os diferentes traballos de tres creadores marinenses nun ENCUENTRO artístico que non deixará indiferente a ninguén. O público poderá desfrutar de disciplinas artísticas como a acuarela, o grafito, o óleo, a fotografía ou o collage.