The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Plataforma de Seixo convoca de novo a manifestación en defensa da sanidade pública local para o domingo día 27

Carriola.Iria Aboi.(*)17.03.22

A manifestación aprazada pola traxedia do Villa de Pitanxo por unha atención primaria digna e contra os recortes nas urxencias e nos Centros de Saúde de Seixo e Marín terá lugar o domingo 27 de marzo.A Plataforma retoma a protesta porque seguen as carencias de médicos de familia e esta semana anuláronse citas por falta de pediatras e reiteran sen persoal, non hai sanidade pública de calidade para a veciñanza

 A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo, que agrupa a 20 colectivos e asociacións das parroquias de Santomé de Piñeiro, O Campo, Ardán e Seixo, no concello de Marín, retoma a convocatoria da manifestación que fora suspendida pola traxedia do Villa de Pitanxo. A manifestación por unha atención primaria digna e contra os recortes nas urxencias e nos Centros de Saúde de Seixo e Marín terá lugar o domingo 27 de marzo. Dende a Plataforma comezaron xa coas actividades de difusión, este mércores estiveron de reparto no mercado do Cantodarea e hoxe, farán o mesmo, polo centro da vila, no entorno da Praza de Abastos, aproveitando o mercado dos xoves.

 Vólvese convocar a manifestación porque o deterioro na atención primaria do concello é evidente e sen persoal é difícil que se atendan e diagnostiquen todas as doenzas. Dende a Plataforma exemplificamos os recortes nos centros de Saúde da localidade. En Seixo, 8 meses despois, segue sen cubrirse a tempo completo a xubilación dun dos dous facultativos e, en Marín, non están pasando consulta os 14 facultativ@s que corresponde, hai longas colas, demoras en derivacións a especialistas e problemas no seguimento de crónicos. Nese sentido sinalan a semana pasada denunciamos agardas de 20 días para renovar receitas, longas listas de espera para ter consulta de fisioterapia ou de saúde mental. Así mesmo na situación do servizo de pediatría, temos queixas de nais porque lles anularon as citas d@s fill@s este xoves, 17, por falta de pediatras e o venres terán consulta cun médico xeralista.”

 Ademais é gravísimo que nun concello de 24.000 habitantes e cun porto de interese xeral do estado só haxa un médico nas urxencias do PAC e que cando ten que saír na ambulancia teña que deixar os pacientes desatendidos que agardan atención urxente. No Nadal, un cartel anunciaba na porta que que non había ningún médico, e deriváronse os pacientes a Bueu e a Parda (en Pontevedra).

 Sen persoal, non hai sanidade pública de calidade para a veciñanza, hai máis sobrecarga e esgotamento dos profesionais existentes e unha atención primaria ao límite. Non queremos que se nos siga recortando no noso dereito a unha atención sanitaria digna e por iso é necesario mobilizarse e non lamentarnos cando haxa unha desgraza.

 Nese sentido, Convócase unha manifestación o 27 de marzo, con saída ás 12 do Centro de Saúde de Marín en defensa dunha atención primaria digna e contra os recortes nas urxencias e nos Centros de Saúde de Seixo e Marín porque a presión e a unión da xente é a única maneira de parar o desmantelamento da sanidade pública. A veciñanza de Marín ten que lembrarlle unha vez máis á Xunta que coa nosa saúde non se xoga.”

 (*)Portavoz da Plataforma