Carriola.Redacción.01.03.22
O Concello de Marín mantén a tradición de convocar o premio literario cada ano polo “Día das Letras Galegas” alternando poesía con prosa. Todo comenzou no ano 1985 sendo concelleiro de cultura Julio Bértolo Ballesteros (+), sendo precisamente de poesía o concurso inaugural que foi gañado polo poeta local Luis Almazán Lucas pola sçua obra “O Meu soñonunha beira de ledicias” estando presidido o xurado daquela primeira edición D. Josè Filgueira Valverde.
Precisamente onte chegou a Carriola a nova da que será a XXI edición deste premio de poesía, tanto para escolares como para adultos que, segundo indica a concelleira de Cultura Beatriz Rodríguez, convócase “co gallo de dar pulo á creatividade e de fomentar o uso da lingua galega, convoca o XXI Premio de Poesía polas Letras Galegas, con modalidade para o alumnado que cursa os seus estudos de Primaria e 1º e 2º de Secundaria nos centros de ensino de Marín, e para adultos”.
Concurso escolar
Segundo aparece na nota do concello “No caso da modalidade escolar, os traballos debe ser inéditos, de temática libre e realizados en lingua galega, cunha extensión máxima de 20 versos, en Din A4, escritos por unha soa cara. O prazo de admisión de traballos xa está aberto e pechará o día 25 de abril ás 14.00 horas.
Cada centro poderá presentar como máximo tres traballos por categoría, sendo
estas as seguintes:
- 1ª Categoría: Educación Primaria: 1º e 2º E. Curso
- 2ª Categoría: Educación Primaria: 3º e 4º E. Curso
- 3ª Categoría: Educación Primaria: 5º e 6º E. Curso
- 4ª Categoría: Educación Secundaria: 1º e 2º Curso
Todos os traballos levarán un título
e categoría á que pertencen, sen especificar o nome do/a autor/a.A Dirección de cada centro subirá os traballos que opten ao premio á páxina web do Concello de Marín, onde se habilitará un formulario, que haberá que cumplimentasr de tal xeito que xurado sempre recibirá os traballos, preservando o Concello o anonimato dos autores”.
Adultos
Asimismo ao referirse aos participantes adultos, aa bases indican que “os traballos terán unha extensión mínima de 100 versos, non sendo requisito imprescindible que formen parte dun só poema, de temática libre.
O tipo de letra será Times New Roman a 12 puntos de tamaño e só se poderá presentar un único traballo. Cada participante subirá o traballo que opte ao premio á páxina web do Concello de Marín”.
Premio único e prazo de presentación
O prazo de presentación os traballos finalizará o día 25 de abril ás 14 horas para abas categorías e os premios serán, para o caso dos escolares, material escolar e unha placa para o primeiro clssificado de cada categoría mentras que no caso dos adultos haberá un único premio de 1.000 euros.