Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Pasado mañá finaliza o prazo para inscribirse no concurso de maios e embarcacións que convoca o Ateneo

Carriola.Redacción.25.04.22

Xa queda pouco para a celebración da festa dos maios da que Marín é un referente histórico pois a mantivo a pesar das dificultades uns anos mellor que outros pero sempre viva. E con esa teima este ano volverá a haber concurso convocado polo Ateneo Santa Cecilia o próximo dia un de maio como é tradición.

E para lembrar as bases para participar no concurso, aquí as deixamos tendo en conta que so faltan dous días para presentar a inscripción como está estipulado e para que  Santa Ceecilia teña tempo para facer a preparación do evento.

 Bases do concurso

 Seguindo coa tradición, con motivo do dia 1 do mes de maio, o Ateneo Santa Cecilia coa colaboración Concello de Marín, organiza a LXIX edición do “CONCURSO DE MAIOS E EMBARCACIÓNS”, dirixido a tódolos centros escolares, Asociacións e demais colectivos de Marín e bisbarra.

Concurso de embarcacións de 2013

 

1.- Os MAIOS terán forma cónica e os armazóns poderán estar feitos con calquera material. Na decoración exterior dos MAIOS só se utilizarán elementos vexetais e naturais.

 2.- As EMBARCACIÓNS só serán de construción artesanal.

 3.- A COROA deberá respectar as formas tradicionais dos maios de Marín e estará recuberta con material vexetal. Non se permitirán engadidos de figuras ou outros símbolos non tradicionais.

 4.- Os grupos que desexen tomar parte neste concurso, teñen que face-la súa inscrición antes das 20:30 horas do dia 27 de abril. Para elo, deberán cubri-la folla de inscrición que poden recoller na secretaria do Ateneo, situada na rúa do Forno, 42, baixo en horario de 17:30 a 20:30 horas de martes a venres e o sábado de 11:00 a 13:00 horas . Á dita inscrición deberanse xuntar 8 copias da letra coa que participen no concurso.

 5.- A valoración dos grupos participantes farase mediante un XURADO nomeado polo Ateneo que valorará de 1 a 10 puntos a cada participante, en cada un dos apartados do concurso. Puntuación que se fará pública ao remate do concurso. O Xurado contará cun/ha secretario/a do Ateneo e o seu fallo non poderá ser recurrido.

 6.- Os apartados do concurso serán para MAIOS: Letra – Construción - Coroa - Interpretación. Para EMBARCACIÓNS: Letra – Construción - Interpretación. En cada apartado haberá un primeiro, un segundo e un terceiro premio, podendo quedar deserto algún deles si o xurado así o considerara.

 7.- Tódolos grupos recibirán unha axuda polo feito de participar, ademais da tradicional rosca e o chocolate para os seus compoñentes.

 8.- A letra das coplas deberá ser en galego e de libre composición.

 9.- Na interpretación, que será de catro estrofas e a última, usaranse as melodías tradicionais tanto no caso dos Maios como das Embarcacións, e o xurado terá en conta, se se dera o caso, a recuperación dalgunha melodía tradicional.

 10.- A relación e contía de premios farase pública nos medios de información local.

 11.- Os grupos participantes terán, obrigatoriamente, que concentrarse as 12:30 horas na alameda Rosalía de Castro, no entorno do palco da música, e as 16:30 no mesmo lugar.

 12.- A participación no concurso obriga a aceptación destas bases.

 

roslev