Carriola.Redacción.04.05.22
Aínda resoan os sons dos paus e as cancións das “coplas” de cada grupo que participou na festa dos maios o pasado domingo no que houbo concentración matinal , momento que precisa una revisión para evitar o “amontonamento” de todos os grupos no mesmo sitio, e concurso pola tarde como e tradición na Praza do Reloxo.
En días pasados foron aparecendo en Carriola algúns dos grupos participantes e hoxe traemos a esta páxina o “Maio da Bruxa”, do colexio “San Narciso”, que acadou o terceiro premio en construcción; primeiro en “Letra” e tamén primeiro en “Interpretación” co que levaron un premio incluindo a subvención por participàr de 490 euros.
Por outra banda, na catgoría de barcos, o “Río Lameira” unha obra de Antonio Rodríguez, presentado polo colexio “Sequelo”, acadou dous terceiros premios, un en “construcción” e outro en “interpretación”, co que o seu premio global foi de 180 euros porque a subvención por participar para os barcos era de 80 euros.