Carriola.Redacción.05.05.22
O Colexio Sequelo é un dos centros escolares que máis intensamente vive a festa dos maios. Nesta ocasión presentou o seu “Maio Mariñeiro” e os barcos “Xiana” e “Río Lameira” ao que xa fixemos referencia en días pasados. Ambos acadaron tamén premios no concurso do pasado día un de maio
O “Maio Mariñeiro” saliu o domingo par participar na festa que tivo lugar na alameda Rosalía de castro e tamén, xa en clave de concurso, na Praza do Reloxo no que acadaron dous terceiros premios, un deles no apartado de Coroa e o outro na de interpretación. A coantía dos premios en total foi para este maio de 200 euros incluíndo a subvención directa por participar

Pola súa banda, a embarcación “Xiana”, tamén do mesmo centro, levou o primeiro premio en Letra e o segundo en interpretación co que xuntou en premios 280 euros dos cales 80 foron pola participación.