Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Paula Dombarr ganadora del Premio Poesía Concello de Marín pola súa obra Mosaico de Versos

Carriola.Redacción.16.05.22

Mañán será o Día das Letras Galegas e entre outors actos a ter en conta para celebrar a data festiva a todos os efectos en Galicia, o Concello de Marín fará entrega dos premios de poesía que, alternando ano a ano cos de Relato en prosa, convócanse con este motivo. Nesta ocasión o Xurado ou o Concello tardaron en dar o nome dos gañadores, en especial do premio de adultos  que foi feito público aínda esta mañán.

Paula Dombarr resultou ser a poetisa elexida polo xurado composto por Ricardo Pazos Brea e Menito Piñeiro Sanjorge, como gañadora do Premmio de Poesía Concello de Marín na súa XV edición. A obra premiada leva por titulo “Mosaico de Versos” e foi presentada baixo o pseudónimo “Serunbe”. O premio ten unha coantía de mil euros.

Concurso escolar

Paralelamente o premio Concello de Marín ten a sección escolar y reproducimos a continuación a relación de premiados sen que aparezca nela a qué centros escolares da zona pertencen os rapaces e rapazas premiados

Categoría primeira - 1º e 2º de Primaria

PRIMEIRO PREMIO: "Primavera branca", de Mael Rellán

SEGUNDO PREMIO: "O meu curmán", de Adriana Cambeiro

TERCEIRO PREMIO: "A poesía máis bonita", de Aixa Farto

Categoría segunda - 3º e 4º de Primaria

DESERTA

Categoría terceira - 5º e 6º de Primaria

PRIMEIRO PREMIO: "Un neno algo raro", de Ramiro Bouzas Berride

SEGUNDO PREMIO: "Poema Morse", de Noa González

TERCEIRO PREMIO: "Veleiro poeta", de Iván Gomis

Categoría cuarta - 1º e 2º da ESO

PRIMEIRO PREMIO: "Bulling", de Anxela Portela

SEGUNDO PREMIO: "Poema de galego Xián", de Xián Gutiérrez Dopazo

TERCEIRO PREMIO: "A primavera", de Lara Arias Allariz

Entrega de premios

O acto da entrega dos premios será mañán ás doce horas no Museo Manuel Torres, acto onde deberán estar presentes os gañadores deles algúns dos cales farán lectura da obra da súa autoría.

Tras esa entrega e previsiblemente á unha da tarde, o grupo de gaitas Picuiña ofrecerá un concerto na alameda Rosalía de Castro.

 

 

roslev