Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Brillante acto da entrega de premios de poesía Concello de Marín polo Día das Letras Galegas

Carriola.Redacción.17.05.22

O remozado Museo Torres acolleu esta mañá o acto de entrega dos premios de poesía “Concello de Marín” que presidiu a alcaldesa María Ramallo coa asistencia de todos os premiados e tamén de público entre os que se encontraban membros de diversas asociaciones marinenses.

 Ás doce do mediodía, como estaba anunciado, as gaitas do grupo “Picuíña” abriron o acto de entrega de premios do certamen poético “Concello de Marín 2022” . O prestixioso gaiteiro José Francisco Gil explicou didácticamente a relación entre a lingua e a música galega que ven de moito atrás e iniciou o acto con pezas tradicionais que foron moi aplaudidas polo público asistente.

Ramiro Bouzas, Primer premio categoría 5º-6º de Primaria

 

Seguidamente, os membros do xurado, os poetas locais Ricardo Pazos e Benito Piñeiro interviron para valorar moi positivmente os traballos presentados que foron analizados por cada un deles asegurando que ambos síntense ilusionados porque a poesía ten base en Marín á vez que destacaron la importancia da celebración deste concurso municipal polo que felicitaron a alcaldesa.

Paula Dombarr, premio Poesía Concello de Marín -Adultos

 

Iniciouse de inmediato a entrega dos agasallos aos gañadores das categorías escolares que foron chamados para recoller o correspondente premio formado por materiais escolares e xogos, e lendo unha parte cada un do seu poema premiado. A entrega foi feita polos membros do xurado segundo indicaba a concelleira de Cultura Beatriz Rodríguez encargada da lecura da acta de calificación.

Paula Dombar, galadora do premio Concello de Marín

O momento estelar chegou á hora de que Paula Dombar, unha xoven poetisa, foi reclamada para facerlle entrega do “Premio Poesía Concello de Marín 2022” consistente nun cheque de mil euros, como premio único deste certamen.

Mael Rellan, primer premiocetegoría  1º-2º Primaria

 

Paula Dombarr tomou a palabra para agradecer ao Concello de Marín a convocatoria deste premio e aos membros do xurado a súa decisión nun contexto de dificultade á hora de elixir o poema gañador. Posteriormente fixo lectura dun dos poemas que lle reportaron o premio de entre a obra titulada “Mosaico de Versos” e ao remate recibiu moitos aplausos dos asistentes.

Anxela Portela 1º premio categoría ESO

 

O acto rematou cunha intervención da alcaldesa María Ramallo que fixo presente o motivo do Día das Letras Galegas, referíndose brevemente á personalidade de Florencio Delgado Gurrián e os seus méritos para ter sido nomeado este ano como personaxe central neste campo, á vez que se dirixiu aos gañadores animándoos a que manteñan esa afición pola lectura e pola poesía. Agradeceu tamén a colaborción de o cuarteto tradicional “Picuíña” un fixo nestes actos desde hay moitos anos y pechou o acto que da paso á unha nova convocatoria deste premio que será para o ano que ven, pero de Relato Curto, alternando como se ven facendo desde hay máis de trinta anos con este premio literario. A foto final con todos os premiados, autoridades e membros do Xurado queda como testemuño histórico desta edición do premio de poesía “Concello de Marín”

Paula Dombarr resultou ser a poetisa elexida polo xurado e a súa obra premiada leva por titulo “Mosaico de Versos” e foi presentada baixo o pseudónimo “Serunbe”. O premio ten unha coantía de mil euros.

Na categoría Escolar estes foron os premios concedidos;

Categoría primeira - 1º e 2º de Primaria

PRIMEIRO PREMIO: "Primavera branca", de Mael Rellán

SEGUNDO PREMIO: "O meu curmán", de Adriana Cambeiro

TERCEIRO PREMIO: "A poesía máis bonita", de Aixa Farto

Categoría segunda - 3º e 4º de Primaria

DESERTA

Categoría terceira - 5º e 6º de Primaria

PRIMEIRO PREMIO: "Un neno algo raro", de Ramiro Bouzas Berride

SEGUNDO PREMIO: "Poema Morse", de Noa González

TERCEIRO PREMIO: "Veleiro poeta", de Iván Gomis

Categoría cuarta - 1º e 2º da ESO

PRIMEIRO PREMIO: "Bulling", de Anxela Portela

SEGUNDO PREMIO: "Poema de galego Xián", de Xián Gutiérrez Dopazo

TERCEIRO PREMIO: "A primavera", de Lara Arias Allariz

roslev