Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Plataforma Pola defensa do Centro de Saúde de Seixo protesta ante o colexio público á chegada das autoridades á celebración das bodas de ouro do centro

Carriola.Iria Aboi (*).18.06.22

A Plataforma recibe á Alcaldesa de Marín e o resto de autoridades que asisten á celebración dos 50 anos do Ceip de Seixo cunha pancarta que rezaba “segundo médic@ a tempo completo xa”. Aproveitamos para valorar como “exitoso” o concerto de onte no cine de Seixo agradecendo o apoio veciñal e dos grupos musicais á defensa da sanidade pública.

A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo, que agrupa a 21 colectivos das parroquias de Santomé de Piñeiro, O Campo, Ardán e Seixo, no concello de Marín, vén de colocar unha pancarta no colexio público da parroquia, coincidindo coa celebración do seu 50 aniversario, para recibir de xeito apropiado ás autoridades que asisten aos actos e lembrarlles que levamos 11 meses sen ter cuberto o segundo médico a tempo completo.

Nun primeiro momento estaba confirmado o Conselleiro de Educación e consideramos que, como membro do goberno da Xunta que está a recortar nos servizos públicos, era necesario facerlle visible que en Seixo seguimos reivindicando unha atención sanitaria digna e que lle levase o recado ao Presidente Rueda. Aínda que el non asistiu, esta pancarta tamén serve para lembrarlle á Alcaldesa de Marín, María Ramallo, e ao seu equipo que levan 11 meses sendo insensibles e dándolle as costas á veciñanza fronte aos recortes do seu partido.

A Alcaldesa “presume de que Seixo é o segundo núcleo urbano do concello e de servizos na parroquia, sen ter movido un dedo para frear o peche da oficina de Abanca ou os recortes de persoal na sanidade. Se a alcaldesa pinta unha realidade que non é, haberá que preguntarse se pretende enganarnos ou se despois de 11 meses de protestas que non apoiou aínda non se enterou do que pasa no concello.

Éxito do concerto celebrado no cine de Seixo

Por último, calificamos de “éxito” o concerto de onte no Cine de Seixo e agradecemos o apoio veciñal e dos grupos musicais Irevire e A Revolta á defensa da sanidade pública. Estes grupos son a mostra da creatividade, do compromiso da xente nova e da vida que queremos nas nosas parroquias. Lembramos que a Plataforma creouse para defender os servizos que temos no rural, a comezar polo noso Centro de Saúde, porque son necesarios para que as veciñas e veciños teñan calidade de vida e para que sigamos vivindo aquí onde a veciñanza está moi preocupada porque se agarda un verán complicado na atención primaria, froito da política da Xunta de non cubrir vacacións nin baixas. Pola nosa parte, xa anunciamos, no concerto, que imos continuar coas protestas estamos fartos de que se recorte no fundamental e que se acabe xogando co noso dereito á saúde.

(*) Iria Aboi é a portavoz da Plataforma de Seixo

 

 

roslev