Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Plataforma de Seixo comparte a presentación da Iniciativa Lexislativa Popular en demanda da Sanidade Pública e manifestase en Loira á chegada do presidente da Xunta

Carriola.Iria Aboi (*).23.06.22

Unha delegación da Plataforma de Seixo participa do rexistro da ILP no Parlamento con medidas urxentes para salvar a atención primaria mentres en Seixo Rueda é recibido cunha pancarta na entrega de bandeiras azuis. Para o San Xoan propoñen queimar nas fogueiras os recortes da Xunta na sanidade pública.

A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo, que agrupa a 21 colectivos das parroquias de Santomé de Piñeiro, O Campo, Ardán e Seixo, no concello de Marín, participou da presentación no rexistro do Parlamento Galego dunha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) que contén medidas urxentes para salvar a atención primaria.

Nesta iniciativa denúncianse os problemas da atención primaria dende a substitución da consulta presencial pola telefónica, as dificultades para solicitar citas telemáticas para determinados colectivos sociais, especialmente a xente maior, as enormes listas de espera, o desmantelamento e peche de centros de saúde rurais, e os recortes de persoal. A ILP está promovida pola Plataforma de Seixo, cuxa portavoz figura entre os promotores legais, ademais doutras plataformas territoriais e os colectivos integrantes de SOS Sanidade Pública.

El presidente Rueda fue recibido por la plataforma a su llegada al acto de entrega de banderas azules de toda Galicia en Loira

 

Despois de que se rexistrase esta iniciativa, o Presidente Rueda era recibido na entrega de bandeiras azuis que se celebrou na praia de Loira (Seixo-Marín) por varios membros da Plataforma cunha pancarta na que se demanda “segundo médico a tempo completo xa.”

Dende a Plataforma lembramos que levan máis de 11 meses sen ter cuberta a praza vacante do doutor xubilado e que se agarda unha situación complicada no verán, cando o outro facultativo colla vacacións. Non queremos que só haxa 4 horas de médico como o ano pasado para un cupo, o outro que quede sen cubrir e o facultativo faga o seu traballo esgotado e saturado porque iso repercute na atención sanitaria da veciñanza.

A pesar de que o actual Presidente da Xunta se achegou a falarlles non foi receptivo ás nosas demandas. Fala de que a culpa é do goberno central, entón el para que está?; Fala de que outras comunidades están peor, que hai peor ca non ter médico como ocorre en Seixo, en Marín e en tantos outros concellos? Debería darlle vergoña.

A Plataforma tamén explica que varios alcaldes e alcaldesas de concellos veciños como Moaña que acudiron recoller bandeiras e que están mobilizándose pola sanidade pública achegáronse a apoiarnos. Que pena que a Alcaldesa de Marín, María Ramallo, non o fixese e que despois de todo este tempo siga sen apoiar aos veciños fronte os recortes do seu partido.

Fogueiras contra os recortes.

De cara ao día de San Xoán, a Plataforma fai un chamamento a arder os males da sanidade pública, dende os recortes de médic@s e pediatras, ata as listas de espera e a demora de diagnósticos, o peche de camas no verán ou a situación das urxencias do PAC. Así animan a calquera persoa a que queime os recortes en fogueiras, veciñais ou familiares, e senón cun simple misto e que o recollan cunha foto ou vídeo e que llo acheguen á súa páxina de facebook para facer visible que queremos escorrentar os recortes da Xunta. Con esta acción, queremos lembrar que imos continuar coas protestas porque estamos fartos de que se xogue co noso dereito á saúde.

(*) Iria Aboi Ferradás Portavoz de Plataforma

 
roslev