Carriola.Redacción.18.06.22
Recibimos una nota de la Comunidad Educativa del Colegio Público de Seixo relativa a la exposición que tanto éxito ha tenido en la celebración de sus bodas de oro ya que recoge recuerdos y curiosidades que no a todo el mundo le dio tiempo a ver. La nota dice así:
Despois da Xornada de Portas Abertas vivida o pasado sábado día 18 de xuño con motivo da celebración do 50 aniversario do Ceip de Seixo, e despois da alta demanda recibida para continuar vendo a exposición, a dirección do centro e o claustro de profesores abrirán as portas do centro o vindeiro xoves día 23 de xuño e o luns día 27 de xuño en horario de 10 a 13 horas para satisfacer as peticións de tantas e tantas persoas que demandaron poder pasar outro día e continuar vendo con calma dita exposición.A Comunidade Educativa e a dirección do Centro queren agradecer todas as visitas recibidas e salientar a gran aceptación que tivo esta exposición.
