O concello leva a cabo a súa limpeza e desinfección integral
A Biblioteca Pública Vidal Pazos foi obxecto dunha desinfección importante das súas instalacións para que a súa reapertura, tanto para o préstamo como da sala de estudos, fora segura, según informa a concelleira de cultura Beatríz Rodríguez que inun comunicado indica “a Biblioteca foi obxecto dunha intensa desinfección para que a súa reapertura, dada a afluencia que ten, fora cen por cen segura". Tanto está habilitado o préstamo de libros de xeito normal como a aula de estudo, aínda que non se poderá superar en ningún momento o aforo máximo do 30%”
O Museo tamén permitirá visitas a0 30 por cen da capacidade
Por outra banda, Beatriz Rodríguez anunciou con respecto ao Museo Torres que “Xa pode acoller tamén visitas para non perder a exposición dos traxes do Entroido de Marín, que estará até finais de marzo. Marín, 18 febreiro 2021 A desescalada "a modiño" anunciada pola Xunta de Galicia permite que as instalacións culturais, como a Biblioteca Vidal Pazos e o Museo Torres reabran as súas portas”.
Tanto na Biblioteca como no Museo haberá a limitación de capacidade imposta pola loita contra a pandemia, e a concelleira informa que “O Museo Torres albergará até o 31 de marzo a exposición dos traxes máis emblemáticos e espectaculares das comparsas de Marín, Os da Caña e Paparrulos e será posible, igualmente, gozar na exposición dalgunhas letras e imaxes doutras comparsas que, aínda que non están en activo, formaron parte da historia do Entroido de Marín.