The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Cribado a la población marinense la próxima semana

A oficina de comunicación do concello de Marín nos remite  a información sobre o cribado que a Xunta llevarà a cabo á poboación marinense do martes ao sábado para personas de entre 20 y 64 anos. A acción levarase a cabo na Praza de España e consitirá nunha proba de saliva. Sanidade calcula que se chegará a 13.796 veciños de Marín con este cribado.

Reproducimos íntegramente a información que Sanidade ofrece aos usuarios para esta importante campaña 

O Servizo Sanitario Galego de Saúde anuncia que se levará a cabo un cribado á poboación de Marín desde este martes, día 23 de febreiro, ata o sábado, día 27, na Praza de España.

O cribado realizarase con test de saliva. Estes son os requisitos para a participación no mesmo:

  • Ser cidadán con tarxeta sanitaria activa en calquera dos Centros de Saúde de Marín e estar dentro do rango de idade de 20 a 64 anos, ambos incluidos (13.796 persoas)
  • Ter o teléfono móbil ligado á tarxeta sanitaria. A ese teléfono será enviado un SMS para a citación da proba e para comunicar o resultado
  • Non ser persoal de residencias
  • Non ter unha PCR positiva nos últimos tres meses
  • Non ter participado noutro cribado nos últimos 15 días

Tal e como explicou o SERGAS, contarase cun equipo de 14 persoas baixo a coordinación de persoal médico, que traballarán en seis equipos de entrega de material e de recollida de mostras.

 

PROTOCOLO DE TRABALLO

Luns, 22 de febreiro

  • A partir das 09.00 horas: montaxe das carpas
  • Ás 17.00 horas: descarga do material de traballo en almacén habilitado

Martes, 23 de febreiro

  • De 10.00 a 19.30 horas: seis equipos realizarán a entrega de tubos aos cidadáns citados. Citarase a 2.826 cidadáns. Non haberá recollida de mostras.

Mércores 24, xoves 25 e venres 26 de febreiro

  • De 08.30 a 18.00 horas: os seis equipos entregarán botes de saliva aos cidadáns citados. Citaranse 3.204 persoas o mércores, 3.894 o xoves e 2.839 o venres.
  • Cada unha destas xornadas, un equipo recollerá as mostras dos botes de saliva das persoas ás que se lles fixo entrega do material o día anterior, que serán enviados para a súa análise á Fundación Galicia Sur

Sábado, 27 de febreiro

  • Realizarase únicamente a recollida de mostras dos botes de saliva das persoas que falten por entregar, que serán enviados para a súa análise á Fundación Galicia Sur
  • Desmontaxe de carpas e recollida de material

 

DISPOSITIVO DE TRÁFICO

A Policía Local de Marín preparou un dispositivo especial de tráfico para facilitar o máximo posible a participación no cribado e evitar na medida do que se poida o atasco rodado.

Estableceranse dous fluxos de tráfico, un para a entrega de material por parte dos equipos á cidadanía e outro para a recollida de mostras nas carpas. Ademais, habilitarase un acceso peonil específico para facilitar o tránsito á veciñanza que vaia facer o cribado a pé.

Ademais, a partir do luns ás 07.30 horas da mañá estará prohibido aparcar na parcela de Praza de España.

No que respecta á actividade do Porto, a Autoridade Portuaria anunciou que o acceso da Praza de España permanecerá pechado nos días que dure o cribado, entre as 08.00 e as 19.00 horas, concentrando deste xeito a entrada ao Porto pola súa porta principal.