The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Sara Campo Soage resultou ser a gañadora dun novo sorteo da campaña comercial Estrela

Carriola. Estrela de Marín. 02.07.22

Tralo sorteo efectuado onte na sede social da asociación, con motivo da "Campaña Estrela", a gañadora foi Sara Campo Soage que selou a súa tarxeta nos comercios Xanela, Lencería Loli e Nube, polo que disporá de 3 vales compra de 50€ para consumir nestes establecementos.

Neste caso, Sara non forma parte do club de fidelización de “Comercio do Morrazo”, polo que non recibirá na súa tarxeta de fidelización 50€ a maiores. Recordamos que formar parte do club de fidelización é gratuito, e polas compras efectuadas, acumúlase unha porcentaxe do importe das vendas.

Entrega do premio o luns

O acto de entrega do premio terá lugar o luns día 4 de xullo ás 12:00h no comercio Xanela, no transcurso do cal a gañadora recibirá os 150€, en vales compra.

Nesta edición da campaña que conta co financiamento da Xunta de Galicia a través da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Empresa e Innovación , efectuaremos 10 sorteos cun total 2.000€ en tarxetas regalo sendo o seguinte sorteo o 29 de Xullo próximo.