Carriola. Iria Aboi (*). 03.06.22
“Os recortes de persoal da Xunta deixan a 4.000 veciñ@s sen médic@ na quenda de tarde no Centro de Saúde de Marín e, en Seixo, soubemos que o mércores non haberá ningún polo que acusamos á Xunta de vender fume pois non se poden tapar os recortes con máis recortes, mentres poñen a nosa saúde en risco".
A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo, que agrupa a 21 colectivos das parroquias de Santomé de Piñeiro, O Campo, Ardán e Seixo, no concello de Marín, vimos de denunciar que o Centro de Saúde de Marín non terá médic@ na quenda de tarde e que 4.000 veciñas e veciños se mirarán afectad@s.
No Centro de Saúde de Marín había tres médic@ que pasaban consulta na quenda de tarde e 11 na quenda de mañá, en total 14 médic@s de cabeceira. Dende a Plataforma denunciamos que a política de non cubrir permisos, baixas nin vacacións está a levar a un deterioro moi grave na sanidade marinense de feito, comezou xullo, no Centro de Saúde de Marín, cunha xubilación sen cubrir, 1 baixa sen cubrir e 4 facultativ@s de vacacións sen cubrir, isto son 6 facultativ@s menos de 14, sen contar coas baixas ou permisos que poida haber. A Xunta, en vez de contratar, para cubrir as carencias de persoas que ela mesma deixou de cubrir, preferiu eliminar os 3 médic@s da quenda de tarde e pasalos para a mañá, repartindo os cupos de pacientes sen médico da mañá entre @s facultativos existentes, o que vai aumentar o tempo de espera para unha cita. Un desastre. É a peor das decisión. Non se pode dar servizo a máis de 20.000 persoas coa metade de facultativos. Non se poden tapar os recortes con máis recortes.

Iria Aboi
Dende a Plataforma denunciamos que dende o 1 de xullo, ata o 15 de setembro, 4.000 persoas que escolleran a quenda de tarde no Centro de Saúde de Marín, quedan sen ela como consecuencia da política de recortes da Xunta. Ademais, en Seixo hai previsión de que nos deixen 1 médico para 2.200 persoas e a poboación turista, pero este mércores 6 non vai haber ningún. Están pechadas as axendas. Van deixar o centro tan só cun enfermeiro e unha administrativa nova. Dicía o novo Presidente da Xunta e o Conselleiro Comesaña que estiveramos tranquilos no verán, venden fume mentres poñen a nosa saúde en risco.
E nos preguntamos onde está a Alcaldesa María Ramallo ante esta situación? E por que segue antepoñendo os intereses do PP aos dos seus veciños e veciñas?” Nese sentido, é tristre que o deterioro na atención sanitaria no seu concello non lle preocupe, mentres alcaldes e alcaldesas doutros lugares e de diferentes cores políticas están opoñéndose aos recortes e fan presión ante a Xunta para que contrate persoal e non deixe marchar aos que se forman cada ano.
Lamentamos que, despois dun ano de protestas e denuncias a alcaldesa Ramallo e o seu goberno sigan ignorando os problemas sanitarios da veciñanza e anunciamos que se estes recortes non se rectifican haberá máis protestas. Cando xerente da área sanitaria vai de vacacións tamén enfermamos, somos máis habitantes pola chegada de turistas e non podemos permitir que se xogue co noso dereito á saúde.
(*) Iria Aboi é a portavoz da Plataforma