Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Persisten e aumentan os problemas de atención sanitaria por falta de persoal no PAC de Marín

Carriola.Iria Aboi (*).09.07.22

A Plataforma demanda que se repoña o segundo médico no PAC de Marín co inicio das festas do Carme, porque a propaganda da Xunta non salva vidas nunha urxencia médica e denunciamos a saturación das urxencias do PAC de Marín na primeira fin de semana de xullo, mentres o Presidente da Xunta e outros responsables políticos posaban para a foto a poucos metros

A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo, que agrupa a 21 colectivos das parroquias de Santomé de Piñeiro, O Campo, Ardán e Seixo, no concello de Maríndemanda o segundo médico nas urxencias do PAC ante os problemas de atención vividos na primeira fin de semana de xullo e o aumento da afluencia de persoas no concello co inicio das festas do Carme que comezan hoxe sábado, 9 de xullo.

Nesa primeira fin de semana de xullo, só houbo unha médica para un concello de 24.000 habitantes que recibiu un importante número de visitantes coincidindo coa concentración de motos. Varios veciños nos trasladaron a situación de saturación do servizo, con moita xente agardando por ser atendida e a médica desbordada, facendo o que podía e algúns deles acabaron en Montecelo, cunha saturación aínda maior, corroborando as denuncias feitas estes días polos profesionais.

Desde a Plataforma denunciamos que mentres se daba esta situación nas urxencias de Marín, a 700 metros celebrábase a concentración de motos, na que o novo presidente da Xunta, a Alcaldesa Ramallo e o seu equipo posaban para as fotos moi sorrintes. Seguro que se estivesen na pel da médica de urxencias ou dun paciente que leva horas agardando a situación non lles faría gracia ningunha. Criticamos a insensibilidade dos nosos responsables políticos porque nin as fotos nin os sorrisos melloran a saúde de quen está mal e precisa atención, nin salvan vidas nunha urxencia. Non se pode atender a poboación do concello, máis os visitantes, cunha única médica, que nalgunhas ocasións ten que deixar o servizo desatendido cando sae a urxencias en domicilios.

 

Esta situación é responsabilidade da Xunta, non dos pacientes. Se o SERGAS non cobre o persoal de atención primaria e se recorta nos PACs, aumentan as situacións de risco para a poboación que acaba acudindo en moitos casos ás urxencias de Montecelo.

Lembramos que non é a primeira vez que non hai médic@ nas urxencias de Marín e se teñen que desprazar @s pacientes a outros PACs; Non é a primeira vez que para cubrir as urxencias de Marín teñen que deixar outros descubertos e non se pode xogar así co persoal e cos pacientes. Levamos demandando 2 médic@s nas urxencias dende hai meses. Van agardar a que ocorra unha desgraza? Esta fin de semana comezan as festas do Carme, que contraten persoal para non lamentarnos despois.

(*) Iria Aboi é a portavoz da Plataforma

roslev