Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Amare Marín volverá a transportar a imaxe da Virxen do Carme na procesión marítima do sábado día 16 e, mañá domingo será a bendición dos coches por San Cristobo

Carriola.Redacción.09.07.22

O Día do Carme contén o emotivo acto da procesión marítimo terrestre que leva a imaxe da Patrona das xentes do mar nun percorrido desde o novo templo ata o muelle comercial embarcando para facer alá, no medio da ría, una ofrenda polos falecidos no mar.

Un ano máis os remolcadores da empresa AmareMarín participarán de xeito especial na procesión marítima do Carme levando a imaxe ata o centro da ría onde se efectúa unha homenaxe aos homes e mulleres que faleceron neste medio e, neste ano, hay razóns de gran peso para facer máis sentido ese simbólico acto.

Todos lembramos outras épocas en que había barcos pesqueiros que faenaban non moi lonxe do porto base, que paraban a súa faena nese día do Carmen e, moitos deles participaban na procesión. A desaparición daquela flota suiustituida por menos barcos que faenan en caladoiros moito máis alexados, eliminou aquela estampa que foi sustituida pola participación de pequenas embarcacións de recreo e de baixura que acompañan a o remolcador de AmareMarín cuio propietario, Antonio Alonso, ofrece cada ano para este fin no que participan tamén habitualmente, outras unidades da súa flotiña.

Este ano, polo tanto teremos de novo procesión marítima gracias a boa disposición de Alonso e os seus traballadores.

 

MAÑÁ, DÍA DE SAN CRISTOBO, HABERÁ BENDICIÓN DOS COCHES

Bendición de vehículos en la procesión de San Cristobal

 

 

Outra tradicional festa sectorial é a de San Cristobo, outrora de enorme participación de coches, camións, motos e ata bicicletas, participación que foi quedando reducida ata o mínimo ata o punto en que xa non hay percorrido co santo que ten a súa imaxe no Novo Templo. Nos últimos anos nin siquera se xunta a xente precisa para sacar o Santo ata a estrada frente ao Novo Templo co que, o acto redúcese á simbólica bendición que fai o cura párroco aos vehículos que, engalanados ou non, pasan por diante no templo.

E será eso o que pasará mañá domingo, según se anunciou onte. Ao remate da misa das doce do mediodía será o momento desa bendición dos vehículos que queiran pasar por diante do Novo Templo como adoita ser xa unha tradición.

 

roslev