The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Do Cartafol de Manuel Torres

Siña aquela (*)

Eu non sei como se chamaba siña Aquela denantes de que se chamara siña Aquela, porque, cando eu me decatei de siña Aquela xa todo o mundo non sabía chamarlle de outa maneira

Cáseuque era unha rapaza cando se votou ó trato do peixe percorrendo as aldeas da bisbarra coa patela na cabeza. Erguídolos brazos coma asas de xerro facíanlle o corpo máis bimbiante, e a saia arremangada en doble sintura descobríaselle as pernas morenas con escamas de peixe pegadas. Pequerrecha e lixeira, chegaba co seu paso miudo a todolos portales, deixando polos camiños un arrecendo bravo de peixe quencido. As moscas seguíana con fidelidade e os gatos saíanlle ós portelos co rabo erguido de cobiza.

O seu palique era sempre reprimido e doente, respostando sempre con esta frase amarguada coma un salaio

-- ¡Ai, nol-os probes...!

E íase coa patela na cabeza repartindo a sua lembranza polas aldeas.

A seu tempo casou con Xan da Cunca, xeiteiro e taberneiro. Siña Aquela, entón,. deixou o trato do peixe. Nas aldeas da bisbarra foise esvaiando a sua lembranza de regateira i os gatos perderon a costume de agardala nos portelos. Siña Aquela vivía agora a sua vida na taberna agasallando á parroquia ou atando na rede dos botes do seu home.. Xa non levaba remangada a saia nin se lle vían as pernas morenas tinxidas de escamas de peixe. Agora vivía mellor. Calsaba botins de caña alta e na cabeza un pano de seda moi rechamante cinguíalle a face que lle viñera tomando coores mais propios da fartura. Pero inda esí, do fondo miseirento de siña Aquela xurdía ás veces, aquel salaio tan afeito na sua bca

_ ¡Ay, nol-os probes...!

Os anos pasaron solermiños i a fortuna abocou o seu corno na casa de siña Aquela trocándolle os dous botes do seu home por unha parexa de Grande Sole. ¡Como remexeu todo naquela casa! Os mármores emprencipiaban na porta da casa e de banzo en banzo chegaron á cociña. As colchas de seda, con roseiras bordas, tapaban as finas sabans do leito; culleres e coitelos  de prata, lampadarios cristaíños e cadeiras de asento mol, todo en fachendoso amostramento coma nun corno da abundancia.

A mesma seña Aquela demudouse coa nova vida. E mesmiño escondido debaixo do pano da cabesa levaba o carrapito embrullado coma un moño de señorita.

Pero as veses, como nunha queixa deshorada, salíalle aquel salaio

_ ¡Ai, nol-os probes...!

(*) Este relato pertence a escolma de Manuel Torres que foi publicada no ano 1986 coa colaboración do Ateneo Santa Cecilia. Na Carriola respectamos a gramática e a ortografía que o egrexio marinense empregou daquela na escrita.