Quen navega polos camiños das redes destes tempos atópase de vez en cando co “Gaiteiro Moderno”, un músico que empezou na súa infancia neste mundo artístico nada menos que con Don Francisco Landín Pazos, aquel xenio da música que foi quen de crear o primeiro grupo de gaitas infantís que asombraron a Galicia e en moitos lugares de España onde “Os de Marín” eran admirados pola calidade grupal que tiñan nas súas interpretacións e coreografías especialmente nos desfiles.
Chámase Antonio Abal Blanco e polo “Abal” tamén se lle nota a vena folclórica porque o seu abó era o famoso e sempre ben recordado “Millís”.
“Empecei con “Charneco” - cóntanos Antonio - con Don Francisco Landín, aos nove anos na academia de música municipal e formei parte do grupo “Os de Marín” que eramos un grupo estupendo e foi unha lástima que se desfixera e non continuaramos con él”.
Recorda Antonio de xeito especial ao seu mestre: “Era un home moi recto pero del aprendimos moito. Cando ibamos a academia primeiro tiñamos que estudiar as cousas da escola, os deberes, e despois viña a música. Don Francisco era moi estricto pero aprendimos moito con él en todos os aspectos e todos sabiamos solfeo á perfección por iso aquel grupo era tan bo”.
A pandemia como impulso
Abal Blanco, que se define como “Gaitero Moderno”, explícanos que animouse a retomar a gaita na pandemia. “Colaborei co Orfeón de Ardán e, como chegou ésto da pandemia e metéronnos na casa, é unha maneira que encontrei de empregar o tempo coa gaita outra vez”. “A verdade que, ao principio estiven un pouco pesado para os da casa porque tocar nun salón e, sobre todo, ensaiar, aburre aos que están contigo pero ahora vai mellor a cousa porque métome nunha habitación que preparei e molesto menos á xenta da casa”.
Da escola de Landín
Antonio lémbrase de Francisco Landín que tiña por costume adaptar a música da gaita ás cancións modernas do momento “Acórdome de que, cada canción que saía nova con éxito, as de Eurovisión por exemplo, facía as adaptacións e dábanos as partituras para ensaiar e despois montar a peza coas distintas voces. Acórdome de “Congratuleixon”, “Chiquitita” e outras, e de como a xente que sempre relacionaba a gaita coa muiñeira e pouco máis, asombrábase de que se puderan facer composicións daquel xeito. Hoxe e máis doado que se faga pero daquela era algo extraordinario”.
A gaita en Marín está moi ben
Destaca Antonio a enorme afición e o gran resultado da misma que hai en Marín pola música folclórica. “Hai moi bo traballo feito sobre todo no senso tradicional. Eu quixen innovar un pouco acordándome de Landín e trato de tocar pezas modernas, daí o meu “nome artístico”. Teño unha aplicación que me permite cambiar a tonalidade da gaita sen ter que cambiar o punteiro. Hai que aproveitar os medios modernos que temos e progresar neste eido”.
Antonio Blanco es un gaiteiro feliz. Ocupa su tiempo libre que, en teoría es mucho, con su mejor afición y nos deleita en el Facebook con frecuencia. Pues que Dios le ayude a seguir en esta línea muchos años que otros aprovecharán también para progresar.