The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Cris Barreiro e Mara Fariña decorarán o monumento a Rosalía na alameda

O próximo mércores celébrase Día e Rosalía con varios actos

 Este ano non pudemos disfrutar da exposición da camelia que desde hai uns poucos organizan os amantes desta maravillosa flor que chegou a Galicia desde oriente, parece ser, para qudarse e adaptarse de xeito especial. Mara Fariña e Cris Barreiro son ar artífices de que cada ano o noso Museo Torres mostre a efímera pero espectacular exposición de traballos feitos exclusivamente con camelias de mil apelidos.

Pero non todo está perdido porque, desde o concello tomouse unha decisión de fundir este ano o día de homenaxe a Rosalía, que serà o 24 de febreiro,coa camelia propiamente dita e así, según anuncióu a concelleira de cultura Beatriz Rodríquez, o monumento erguido á escritora galega na alameda a ela dedicada, lucirà os adornos que Cris e Mara farán coa flor de primaveira por excelencia e, sabendo como sabemos do bo gusto ue ambas teñen, esta homenaxe floral serà do agrado de propios e visitantes e ata da propia Rosalìa alá onde se atope.

O resto, telemático

A propia Beatriz Rodríguez recorda que as actuais circunstancias non permitem concentracións polo que este ano, como noutra actividades xa celebradas, serán nas redes pois contase coa colaboración de dous poetas locais que ofrecerán un pequeno vídeo na mesma data conmemorativa. Asemade, na Biblioteca pública Vidal Pazos están expostas todas as monografías das que se dispón nos fondos propios sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.