Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Comenza en Seixo a recollida de sinaturas pola defensa da Atención Primaria e a Plataforma denuncia que Marín leva varios días sen médico de urxencias

Carriola.Iria Aboi (*).18.08.22

Arranca a recollida de sinaturas da ILP pola defensa da atención primaria cun acto simbólico no Centro de Saúde de Seixo. Denunciamos desde a “Plataforma Pola Defensa do Centro de Saúde” que Marín, con 25.000 habitantes, leva varios días sen ningún médico para atender urxencias; cambiaron de caras na xerencia pero recortan igual

 A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo, que agrupa a 21 colectivos das parroquias de Santomé de Piñeiro, O Campo, Ardán e Seixo, no concello de Marín, vén de iniciar a recollida de sinaturas neste concello da ILP pola defensa da atención primaria cun “acto simbólico” no Centro de Saúde de Seixo.

Esta mesa de sinaturas ás portas do centro dende as 10:30 da mañá foi o primeiro acto nas comarcas de Pontevedra e o Morrazo. Escollemos este lugar porque levamos 13 meses botándolle un pulso moi forte á Xunta contra os seus recortes e a idea de pechar os centros do rural como o noso. Hai moi boa resposta da xente, cando estabamos montando xa había persoas agardando para asinar e mesmo houbo outras que se achegaron a propósito, o que é indicativo do malestar existente e a vontade d@s veciñ@s de seguir presionando á Xunta. Estes días informaremos de cando estaremos no Centro de Saúde de Marín, no mercado dos xoves, no mercado do Cantodarea e dos lugares fixos para asinar. Temos varios meses de campaña por diante e non vai quedar ninguén que queira sen participar.

 Cartel de la campaña para la ILP

 

Como esta iniciativa nace de todas as plataformas galegas, a idea é coller cantas máis sinaturas mellor para entregar no Parlamento Galego as que cada plataforma consiga nas súas localidades, todas xuntas. Precisamos un mínimo de 10.000 sinaturas válidas, de galegas e galegos maiores de idade, para forzar á Xunta a cambiar a política de recortes, porque a situación é crítica. De feito en toda a xeografía galega hai problemas: a prioridade da consulta telefónica; as barreiras para contactar e conseguir cita; os peches de centros, a ameaza de peche noutros, coma Seixo; os problemas para cubrir as urxencias de PAC, como en Marín, e a falta de persoal limitan o acceso á asistencia sanitaria e crean listas de espera inaceptables. Coa ILP demandamos incrementar o persoal, diminuír o tempo de espera para cita, priorizar a atención presencial, reabrir os centros pechados e poñer freo á precariedade laboral do persoal, entre outras medidas.

 Arredor de 25.000 persoas sen médic@ para atender urxencias.

A Plataforma aproveitou este acto para denunciar, unha vez máis, o deterioro das urxencias de Marín. Lembramos que a xerencia eliminou a quenda de tarde de medicina de familia a comezos do verán para xuntar pola mañá @s facultativ@s e repartir @s pacientes dos cupos sen médic@. Só quedaron a partir das 3 da tarde as urxencias do PAC. O pasado martes, 16 de agosto, de 14 médic@s só había 7 pasando consulta, e 7 sen cubrir. E, tanto o luns como o martes, non houbo nin un só médico nas urxencias do PAC. Un Centro de Saúde como o de Marín, practicamente pechado pola tarde e pola noite. Varios veciños fixéronnos chegar o cartel posto na porta que informaba de ir para Bueu, se leve, ou para Montecelo, se grave. Desde cando o paciente que non sabe o que ten decide se é leve ou grave? E se te equivocas e pensas que é leve e acaba sendo grave?

Hai xerente novo e cambiaron os sillóns na Consellería, houbo moita propaganda pero seguimos con recortes sobre recortes e quen os sufrimos somos @s pacientes e o persoal sanitario. Cada vez somos máis criticando esta situación. No noso concello a Alcaldesa segue calada pero nós imos seguir alzando a voz e protestando porque non imos permitir que se xogue co noso dereito a unha atención sanitaria digna.

 

(*) Iria Aboi Ferradás  é a portavoz da Plataforma de Seixo

 

 

roslev