The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

El BNG de Marín celebrará o día de Rosalía con actos virtuais

Lucía Santos, portavoz municipal do BNG recorda que “O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía, data na que se conmemora  o  nacemento da nosa mais insigne e internacional escritora. Rosalía de Castro foi unha precursora escribindo as súas obras en lingua galega, reflectindo a situación política, lingüística e cultural do momento e unha pioneira no movemento feminista e é por isto que, dende o BNG de Marín, sumarémonos ao gran número de actos de homenaxe que terán lugar ao longo da xeografía galega con motivo de tal efeméride e realizaremos unha serie de actividades para celebrar e dar difusión á figura de Rosalía e a súa obra.

Actividades virtuais

A situación de pandemia que todo o altera desde hai un ano, impllica tamén cambios no común na organización de actos polo que a voceira nacionalista engade no seu comunicado que “Dada a situación de pandemia na que nos atopamos, os actos non poderán ser presenciais, polo que o BNG celebrará esta data con actividades virtuais, difundindo textos e imaxes da nosa ilustre autora nas redes sociais, actividade que se ven desenrolando desde hai xa varios días. Ademais, publicarase un vídeo durante a mañá do 24 de febreiro no que compañeiros e compañeiras do BNG de Marín recitan o poema “Alborada”.

Rosalía luz para un futuro mellor

Santos remata a nota remitida á Carriola de Marín decindo que “Rosalía ergueu en vida a bandeira da nosa dignidade nacional e é hoxe a nosa principal figura. Para o pobo galego, o símbolo principal da nosa vontade de ser. Muller combativa, feminista, moderna e libre. Sempre leal ao seu pobo, Rosalía é luz para un futuro noso e mellor e, desde o BNG de Marín animamos á cidadanía a coñecer e compartir a obra Rosaliana e, deste xeito, continuar manténdoa viva. Mil primaveras mais para Rosalía!”