Carriola.Redacción.25.08.22
A Plataforma de Seixo que iniciou o pasado xoves unha campaña de recollida de sinaturas para reclamar mellors na Atención Primaria de Sanidade volve hoxe a convocar as persoas que desexen apoiar dita iniciativa
Segundo informa Iria Aboi, portavoz da Plataforma de Seixo pola Sanidade, durante a mañçan de hoxe volverase a recabar o apoio dos veciños e veciñas á ILP en defensa da Atención Primaria consistente na recollida de sinaturas que se vai iniciar no Centro de Saúde de Marín ás dez horas trasladándose despois a mesa á zona do mercadillo, as once e media.
No día de onte levouse a cabo a iniciativa no Cantodarea aproveitando a celebración do mercadiño de Estribela sendo a resposa moi positiva a xuizo da organización da iniciativa.