Carriola. Informa Concello de Marín. 01.09.22
Tal como adiantou onte Carriola de Marín todo está disposto para a celebración dunha nova edición do Memorial Antonio Fernández, compositor galego que cofundou o grupo de gaitas “Os Chaneiros”, do Colexio San Narciso, xunto ao director e verdadeiro creador do mesmo Marino Domínguez Chantrero, o”Padre Marino”
A concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, presentou esta mañá xunto co grupo folclórico Os Chaneiros a IX edición do Memorial Antonio Fernández, que se celebrará este domingo, 4 de setembro, na nosa vila.
Recepción e concerto
Inicialmente e se o tempo o permite, haberá unha recepción ás 19.30 horas no Concello e un pasarrúas ata a Alameda Rosalía de Castro, onde ás 20.00 horas se fará o festival. No caso de que chova, ambas actividades trasladaranse ao Multiusos da Praza de Abastos.
No festival tocarán a Banda de Gaitas Lembranzas da Terra de Guillarei (Tui), o Grupo de Gaitas Lumieiras do Morrazo (Cangas), a Asociación Cultural Trompos Os Pés (Marín) os propios Chaneiros.
Con esta cita de música tradicional galega, o Concello inicia a programación de setembro, que contará con citas musicais, culturais e de ocio para non perder