The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Rosario Mouriño resultou ser a gañadora do séptimo sorteo deste ano da Campaña Estrela

Carriola.Informa Estrela de Marín.01.09.22

Estrela de Marín, a Asociación comercial que reúne á maioría dos establecementos da vila incluidos os postos de venda no Mercado Municipal, efectuou o sorteo correspondente ao mes de agosto que culminará coa entrega do premio  o próiximo dia 6

Tralo sorteo efectuado este mediodía na sede social da asociación, con motivo da "Campaña Estrela", a gañadora foi Rosario Mouriño Santiago. Rosario selou a súa tarxeta nos comercios Carnicería Nando e Maca, Pescados e mariscos Begoña e Lencería Loli, polo que disporá de 3 vales compra de 50€ para consumir nestes establecementos.

Neste caso, Rosario non forma parte do club de fidelización de “Comercio do Morrazo”, polo que non recibirá na súa tarxeta de fidelización 50€ a maiores. Recordamos que formar parte do club de fidelización é gratuito, e polas compras efectuadas, acumúlase unha porcentaxe do importe das vendas.

Entrega do premio

O acto de entrega do premio terá lugar o martes día 6 de Setembro ás 11:00h no comercio Carnicería Nando e Maca, no transcurso do mesmo a gañadora recibirá os 150€, en vales compra.

Nesta edición, efectuaremos dez sorteos polo que en total sortearemos 2.000€ en tarxetas regalo. Esta campaña conta co financiamento da Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

O seguinte sorteo efectuarase o 30 de Setembro