The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Os días 15 e 16 de outubro celebrarase no Pavillón da Raña a segunda edición do Marin Gaming Fest

Carriola.Informa Concello.10.09.22 

O 15 e o 16 de outubro volverá ao Pavillón da Raña o II Marín Gaming Fest, organizado polo Concello de Marín e Gaming Troop e que foi presentado polos concelleiros Hugo González e Antonio Caíña, así como con representantes da entidade organizadora.

De novo, contarase cos torneos, con premio en metálico, de Super Smash Bros, Ultimate e League of Legends. Para dar máis variedade ao evento e que poida xogar máis público, aumentarase o número de videoxogos dispoñibles, que terán xogo libre e pequenos torneos, como Mario Kart, Dragon Ball FB Z, Fornite, Fall Guys, Fifa22, Just Dance, Rocket League ou Switch Sports, explican desde a organización. Manterase a zona de simracing con dous dos postos de volante de Gaming Troop e o xogo Project Cars 2.

Gafas de realidade

A novidade deste ano será unha zona VR onde os asistentes poderán probar a experiencia das gafas de realidade virtual a través do xogo de ritmo Beat Saber. Tamén, nun evento coma este, non pode faltar o concurso de cosplay, onde poñer a proba as habilidades de costura, patronaxe e interpretación dos que participen, que poderán ser até 50.

O “jugger” tamén terá o seu propio espacio, onde se poderá probar a aprender este deporte, facendo demostracións de partidos deste xogo.

Charlas, concerto e foodtrrucks

Completarán a programación diversos obradoiros e charlas de interese, ademais dun concerto de música de videoxogos-anime, grazas ao artista Yell0.

E, para que os asistentes poidan desfrutar das actividades que se celebrarán durante todo o día, instalaranse varios foodtrucks diante do pavillón.