The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Reducción dos canones de auga e vertedura para sectores en crisis

O Concello de Marín, mediante unha nota de prensa informa das condicións que deben cumplir os afectados pola pandemia de sectores como a hostalaría. Segundo maifesta o contido da devandita nota, tras recoñecer os efectos negativos que supuxo e supón a prolongada pandemia, “O Concello de Marín anunciou xa en pleno confinamento e, sucesivamente, a medida que se ían anunciando peches de actividade, que os establecementos de restauración que se viran afectados poderían adherirse á exención do canon da auga e do coeficiente de vertedura.

Precísase facer unha solicitude

Indican tamén desde o concello que “De cara a poder adherirse a esta exención, de novo reactivada desde o último peche, será preciso realizar unha solicitude por parte dos establecementos afectados que formen parte destes epígrafes:

  • Restaurantes, salóns de banquetes, cafetarías e bares
  • Salas de festas, discotecas, pubs, cafés espectáculo e furanchos
  • Hoteis e aloxamentos turísticos
  • Albergues turísticos

Quen pode solicitar a exención?

A medida económica está dirixida a aqueles establecementos que, dentro deses epígrafes, viran reducida significativamente a súa actividade no período que comprende dende o 5 de novembro ata que dure a declaración de situación de emerxencia sanitaria de interese galego, efectuada polo Acordo do Consello da Xunta do 13 de marzo de 2020. Enténdese que neste período os consumos realizados deben ser iguais ou inferiores ao 25% do consumo realizado no período de facturación anterior ao 5 de novembro de 2020. Este requisito poderá ser comprobado polo Concello de Marín e por Augas de Galicia.

No caso dos negocios que teñan contador de auga, será suficiente con cubrir o modelo AU231C que se atopa na sede electrónica da Xunta de Galicia. Pero se o negocio non ten contador, ademais da solicitude, terá que cubrir unha declaración responsable da diminución da actividade que vén anexa á solicitude, un trámite que terán que realizar cada trimestre.

O modelo que é preciso cubrir é o AU231C de exención no canon da auga e coeficiente de vertedura, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).Este documento pode presentarse pola sede electrónica autonómica ou pola do Concello de Marín.