Aprobada a moción do grupo socialista
Desde o grupo municipal socialista emiten unha nota de prensa relativa á aprobación no Pleno da súa proposta de revisión do paseo que arranca en Marín na Praza de España e chega a Placeres xustamente donde se produce un problema de seguridade manifesto.
No pleno desta semana o Partido Socialista de Marín presentaba unha moción na que que se solicitaba que a Alcaldesa María Ramallo, como parte integrante do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra, a que traslade o interese da corporación marinense en acadar a continuidade e a mellora peonil no paseo marítimo que une Estribela e O Cabo en Praceres.
Así mismo se acordou instar á Autoridade Portuaria á elaboración dun proxecto que estudie e valore esta posibilidade, xunto con outras que tecnicamente puidesen resultar posibles, en especial no que se refire á seguridade ao atravesar a entrada ao Porto e ao estaleiro de Praceres.
Estos puntos foron votados favorablemente polo partido socialista e coas abstencións do Partido Popular e o BNG que reclamaban que fose o Ministerio de Fomento que realizase dito estudo. Dende o PSOE argumentouse que non rexeitan que teña que ser ese ministerio quen finalmente teña que desenvolver parte da obra proxectada, pero que neste momento o que urxe é estudar as distintas alternativas e trazados posibles. E quén mellor que a Autoridade Portuaria, que foi quen realizou o peche no ano 2003 que bloqueou o paseo marítimo, quen o estude.
Para o socialistas o realmente importante é estudar agora mesmo as alternativas existentes, que pensamos deben ser asumidas pola Autoridade Portuaria por canto posiblemente transcurran íntegramente polos seus terreos. Se finalmente a alternativa escollida implicase ao Ministerio de Fomento, non teremos ningún problema en que así sexa e eles tamén deberán involucrarse na procura da solución definitiva.