Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O PSOE propón a ampliación da senda fluvial do Lameira

“Deberíase aproveitar a obra do colector para adquirir terreos nas márxenes”

PSOE de Marín estima que, aproveitando as próximas obras de levantamento do colector que discurre polo centro do cauce do río Lameira, debríase dar continuidade ao paseo fluvial que nestes momentos chega ata o Sequelo e poderíase levar alomenos ata Coirados e, no outro sentido, dende o Centro de Saúde ata a Ponte Zapal para o que habería que aproveitar tamén a expropiación de terreos que procurase estas evidente mellora.

Manuel Pazos, voceiro do grupo municipal socialista informa que “No pasado pleno municipal aprobouse por unanimidade o convenio entre o Concello de Marín e Augas de Galicia que permitirá retirar o colector xeral que transcurre polo leito do río Lameira. Esta obra servirá para mellorar a calidade do río e reducir a entrada de auga no colector que despois vai ata a depuradora de Praceres e para executala vaise realizar un proceso de expropiación forzosa dos terreos necesarios onde se ubicará o novo colector, un proceso administrativo e técnico laborioso e complexo que permitirá ao Concello de Marín facerse coa propiedade de ditos terreos”.

Pouco máis dun quilómetro

Os socialistas propuxeron tamén ir un paso máis alá e aproveitar esa expropiación forzosa que se vai a realizar para adquirir tamén os terreos necesarios que posibiliten posteriormente ampliar o paseo fluvial en 800 metros dende O Sequelo ata Coirados, e tamén outros 270 metros dende o centro de saúde ata Ponte Zapal. “Trátase dunha oportunidade -  manifesta Pazos - que non podemos deixar pasar e que servirá para triplicar a lonxitude do paseo polo Lameira dos 600 metros actuais ata preto de 1,7 kilómetros, e permitir un maior conexión do paseo co caso urbano e un maior disfrute do mesmo por parte dos veciños de Marín”.

Regularización ou eliminación

Por outra banda apuntan tamén a necesidade de que “durante ese proceso se inicien os trámites urbanísticos para a regularización e eliminación das posibles construccións ilegais efectuadas ata a mesma beira do río e que tanto degradan o entorno fluvial.

 

roslev