Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG congratúlase de que o Pleno apoiara a súa moción da auga

Só o PSOE se abstuvo na votación.

No Pleno do pasado xoves tratouse unha moción presentada polo BNG solicitando a adhesión do Concello de Marín ao proxecto que Augas de Galicia está preparando para apoiar os sistemas de autoxestión de auga na Galiza. Esta proposta saiu aprobada na sesión plenaria ao contar cos votos favorábeis do BNG e do PP e a abstención do PSOE.

Según explica Lucía Santos, representante do partido nacionalista no concello, “Este plan, que depende da Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade, pretende apoiar e reforzar as traídas veciñais ou comunitarias e pozos privados co obxectivo de garantir o subministro de auga a todos os núcleos rurais aos que economicamente resulta custoso facer chegar o servizo municipal de augas".

Moitos pozos  no rural marinense

Lucía Santos, lembrou que “en varias parroquias de Marín, concretamente en Ardán, Santomé e San Xulián, existen núcleos de poboación que levan anos soportando unha situación realmente grave, como é a falta de auga nas súas vivendas. Estes núcleos non dispoñen de servizo de abastecemento de auga municipal, polo que se sirven de pozos artesáns e pequenas traídas veciñais para dispoñer de servizo de auga e tendo que sufrir escasez en épocas de sequía. E cando as traídas veciñais precisan de melloras ou arranxos, é a veciñanza quen ten que asumir os gastos, o que pode supoñer un custe importante para os propietarios”.

Minas desaproveitadas en estado de abandono

A edil nacionalista considera tamén que “resulta chamativo que nestas parroquias teñan problemas de falta de auga cando contan con abundantes minas de agua nos seus montes. Precisamente, no monte Gagán, en Santomé, hai importantes minas de auga pertencentes á ENM para o abastecemento das súas instalacións. Na actualidade, algunhas destas minas atópanse en estado de abandono e a ENM tira centos de litros de auga potábel ao mar porque non consume tal cantidade, auga que podería ser utilizada para dotar de servizo á veciñanza de Santomé”.

Positiva experiencia

Finalmente, Lucía Santos lembra que “este proxecto-piloto xa foi levado a cabo nos concellos de Tomiño e Abegondo, con excelente resultado e Augas de Galicia pretende executar o novo proxecto en seis concellos. De ser o Concello de Marín un dos escollidos implicaría un importante beneficio para Marín, particularmente para o rural.

 

roslev