Carriola.Infora Ateneo.04.11.22
Daniela Fernández Pérez presenta hoxe, dia 4 de novenbro, o seu libro "A defunción dos sexos" no Ateneo Santa Cecilia de Marin as 20.00 h.
Tratase dunha obra editada por Xerais na que a autora afonda na disidencia sexual e de xenero na Galiza actual e as súas consecuencias, facendo un repaso pola historia da represión sexual durante todo o século XX ate o ano 2017.
A autora pertence ao grupo Histagra da U.S.C e como historiadora ten investigado tamén noutros campos da sociedade galega, realizando a súa tese doctoral co titulo “Novos e vellos actores, clientelismo politico en perspectiva comparada 1905-1936”
A obra que nos presenta hoxe, é unha lectura moi recomendada tanto pola temática que aborda, senón tamén por o estilo e linguaxe explicito, directo, fresco e claridade utilizados.
Como sempre a entrada é libre para todos e todas as que queiran achegarse ate a sede do Ateno Santa Cecilia na rúa do Forno en Marín.