Carriola.Informa Concello.12.11.22
O Concello de Marín, un ano máis, e van vinteún, organiza as Xornadas Blanco Freijeiro e o tema escollido para esta edición é o cambio climático, cuestión de actualidade permanente dende hai uns anos, que preocupa aos cidadáns de todo o mundo polas graves consecuencias que está tendo. Isto obriga a unha reflexión sobre os modos de vida contemporáneos e sobre como podemos adaptarnos aos cambios que xa se están producindo, e sobre como podemos frealos.
Pero o cambio climático non é algo novo neste planeta, xa se ten producido moitas veces, a diferencia é que os anteriores foron naturais e o actual é antropoxénico. Así pois, proponse unha mirada en perspectiva histórica, para coñecer eses outros cambios climáticos que se teñen producido, que supuxeron para as sociedades que os viviron e como se adaptaron a eles. Para tratar sobre todo isto seleccionouse a un grupo de especialistas de distintas disciplinas, da man dos que faremos unha viaxe que comezará hai millóns de anos e rematará no futuro.
Programa
Luns 21/11/22.
Ás 20.00 horas Presentación participantes; Entrega da documentación e confirmación da inscrición; 20:30 h. Presentación e inauguración das Xornadas a cargo da Concelleira de Cultura Beatriz Rodríguez Gómez.
Martes 22/11/22.
20.00 h. Tema, “Dori e os arquivos do clima”. Relator: Antonio Martínez Cortizas. Catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola, Facultade de Bioloxía, Universidade de Santiago de Compostela. Tratará sobre como se pode coñecer o clima do pasado, e se revisarán distintos cambios que se teñen producido.
Mércores 23/11/22.
20.00 H. Tema: “Encadre ambiental e arqueolóxico da explotación romana de sal en Vigo”. Relatores: Juan C. Castro Carrera Arqueólogo, Anta de Moura S.L. e e Lourdes López Merino Paleoecóloga, Unidade de Botánica da Facultade de Farmacia, Universidade Complutense de Madrid.
Casos sucedidos en Galicia
Tras a visión xeral do martes, o mércores e xoves trataranse casos concretos sucedidos en Galicia. O primeiro céntrase nos primeiros séculos da nosa era, momento no que se produciron subidas e baixadas do nivel do mar, temperatura e precipitacións. A produción de sal no Vigo romano permite estudar estes cambios e as consecuencias que tivo para a vida e a actividade económica da época.
Xoves 24/11/22.
20.00 H. Tema: “A Pequena Idade de Xeo: desamaños e desastres”.Relator: Camilo Jesús Fernández Cortizo. Profesor Titular da Área de Historia Moderna do Departamento de Historia, Facultade de Xeografía e Historia, Universidade de Santiago de Compostela.
Este período en Galicia tivo lugar entre os séculos XV e XIX, e se caracterizou fundamentalmente por unha baixada das temperaturas e un incremento das precipitacións. Veremos en detalle estes cambios e a repercusión que tiveron na vida das persoas e na paisaxe, entre outras cuestións.
Venres 25/11/22.
20.00H. Tema: “Meteoroloxía antiga para predicir o clima do futuro”.Relator: Juan Antonio Añel Cabanelas, Profesor Titular de Física da Terra, Universidade de Vigo, investigador no EPhysLab (Campus de Ourense).
Tratarase sobre os modelos climáticos e as predicións que nos fan para o futuro, pero partindo do clima do pasado, onde se proba a validez dos modos climáticos.
21:30 h. Clausura e entrega de diplomas de asistencia, a cargo da Sra. Alcaldesa María Ramallo Vázquez.
Domingo 27/11/22.
Visita ás salinas de O Seixal e A Lagoa, A Guarda.
As Xornadas rematarán coa habitual saída para visitar lugares relacionados coa temática tratada. Nesta ocasión achegarémonos ao concello de A Guarda, para coñecer as salinas romanas de O Seixal, que son bo exemplo do cambio climático sucedido nesa época, e tamén as prerromanas de A Lagoa.
jMomento da inauguración da pasada edición das xornadas
Inscripcións
As persoas interesadas en particiàr neste ciclo das Xornadas Blanco Freijeiro que se desenrolarà na Biblioteca Pública Vidal Pazos nas horas e días antes sinalados, deberán facer a súa inscrición previa e gratuita en xornadas.blanco.freijeiro.marin@gmail.com
.