The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Listo o novo aparcadoiro público gratuito no Chan do Monte e o San Narciso que abrirá o luns

Carriola.Informa Concello.13.11.22

OA información que onte adelantaba Carriola de Marín con respeto á apertura do novo aparcamento de Chan do Monte queda corroborada coa nota informativa que nos remite o propio concello e reproducimos a continuación:

A alcaldesa, María Ramallo, acompañou este venres aos directores e representantes das comunidades educativas do IES Chan do Monte e do colexio San Narciso ao novo aparcadoiro público gratuito que se habilitou, cunha extensión de 1.200 metros cadrados e unha capacidade aproximada para o estacionameto de 50 vehículos.

 Tal e como lles trasladou a rexedora, o aparcadoiro estará dispoñible para o seu uso a partir do luns. O Gobierno local segue, desta maneira, dotando aos distintos puntos do termo municipal de espazos nos que poder ofrecer aparcadoiro gratuito.

 Neste caso, con esta posta a punto da parcela, conséguese que practicamente todos os centros educativos da vila teñan asociado un parking público para dar este servizo aos seus usuarios. Ademais, cúbrese a demanda de estacionamento que xeran os cursos de FP que imparten ambos centros, nos que moito alumnado, pola súa idade, acude en coche.

 Buscar outros espacios aproveitables

No que respecta ao casco urbano, desde o Goberno municipal séguese a buscar alternativas de ordenación do estacionamento que permitan integrar os dous obxectivos de mobilidade que persegue Marín: mellorar o espazo para dotalo de áreas máis peatonalizadas e seguir ofrecendo opcións de estacionamento abondo para cubrir ademanda.