The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG esixirá ao goberno municipal a elaboración do Plan Especial de Protección para os cascos antigos

Carriola.Lucía Santos Omil (*).15.11.22

A aprobación deste Plan ven recollida no PXOM, aprobado no ano 2012, resultando de obrigatoriedade a súa creación para a protección, conservación e desenrolo dos conxuntos históricos e, a falta deste Plan está a provocar o abandono e deterioro dos cascos vellos, que atesouran a identidade dun pobo, e a aparición dunha serie de problemáticas sociais que xeran unha crecente inseguridade cidadá.

O BNG de Marín mantivo o pasado venres 11 de novembro unha xuntanza cun grupo de mulleres integrantes da Asociación Veciñal “A Fonte” de Cantodarea-Estribela. Ademais de expoñer unha serie de demandas do lugar, as representantes veciñais deron a coñecer as numerosas actividades que veñen desenrolando coa intención de poñer en valor esta zona do noso concello, e creando ao mesmo tempo un ambiente de vecindade realmente admirábel.

Entre outras cousas, a asociación veciñal amosounos a súa máxima preocupación polo estado de abandono e degradación do barrio de Cantodarea. Ante esta situación comprometémonos a esixir ao goberno municipal a elaboración do Plan especial de protección para os cascos antiguos de Marín e Cantodarea no vindeiro pleno municipal xa que, a aprobación deste Plan ven recollida no PXOM, aprobado no ano 2012, resultando de obrigatoriedade a súa creación para a protección, conservación e desenrolo dos conxuntos históricos”.

Mais ante a inacción do goberno local do PP neste tema de tal importancia para o desenvolvemento da nosa vila o BNG presentou unha moción en febreiro de 2018 demandando a elaboración do Plan de protección dos cascos antigos de Marín e Cantodarea por parte do goberno local, moción que saiu aprobada por unanimidade, máis case 5 anos despois da aprobación desta moción, e 10 anos despois da do PXOM, o goberno local do Partido Popular segue sen actuar..

A comezos do pasado mes de outubro, o concelleiro de urbanismo Manuel Santos, informou da intención do goberno local de iniciar o procedemento para a elaboración do Plan. Desde o BNG manifestamos a nosa satisfacción de que o PP por fin pareceu decatarse de que cómpre elaboralo, mais ante os numerosos incumprimentos por parte deste goberno pernmaneceremos vixiantes e esixiremos, as veces que sexa necesario, a elaboración do Plan dunha vez por todas porque a súa inexistencia  está a ter unhas consecuencias moi negativas para os cascos vellos do noso concello, xa que para calquera tipo de obra é precisa a autorización da Dirección Xeral de Patrimonio, o que está provocando esperas que nalgún caso van máis alá dos dez anos para poder realizar actuacións no entorno do casco vello.

A inacción do goberno de María Ramallo ten graves consecuencias xa que, ademais de estar incumprindo a normativa do PXOM poñendo en perigo as zonas históricas de Marín, a falta deste Plan imposibilita que o Concello de Marín participe na convocatoria da oferta pública de adquisición de inmobles do programa Rexurbe, impulsado pola Xunta para a rehabilitación de vivendas nos cascos históricos.

A falta deste Plan está a provocar o abandono e deterioro dos cascos vellos, e non só afecta á evidente perda e degradación das zonas que deberan recibir unha maior atención por parte do goberno local, pois estamos a falar dos cascos vellos, as zonas que atesouran a identidade dun pobo. Esta situación de abandono, degradación e feísmo dos cascos antigos da localidade está a provocar a aparición dunha serie de problemáticas sociais que xeran unha crecente inseguridade cidadá.

Marín non lidera o ranking de concellos galegos en perda de poboación por casualidade, senón que esta se debe á falta de xestión do goberno do PP, incapaz de cumprir as súas funcións.

(*) Lucía Santos Omil é a portavoz Municipal do BNG