Carriola.Informa Jonathan Carreira (*).16.11.22
A “I Edición de Marín Black Weekend”, celebrarase do 25 ao 27 de novembro, na Alameda “Rosalía de Castro” de Marín, proveitando unha das datas, nas que os establecementos comerciais, soen aplicar descontos e promocións moi significativos, como é o Black Friday,
A Alcaldesa do Concello de Marín, Dª María Ramallo Vázquez, a Concelleira de Comercio Dª Cristina Acuña González, o Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra D. Luís López Diéguez, o Director Xeral de Comercio e Consumo D. Manuel Heredia Pérez e o Xerente do Centro Comercial Aberto Estrela de Marín, presentaron a primeira edición da Feira de Oportunidades Marín “Black Weekend”. A montaxe deste evento, levarase a caboutilizando a carpa que se instalará na alameda, con motivo das actividades infantís donadal.
Feira con grandes descontos
Aproveitando unha das datas, nas que os establecementos comerciais, soen aplicar descontos e promocións moi significativos, como é o Black Friday, levaremos a caboesta feira de oportunidades. Deste xeito, 17 establecementos comerciais, ofrecerán auns prezos con grandes descontos, productos relacionados cos seguintes sectores:Moda home - muller, moda infantil, lencería, complementos do fogar, calzado, calzadoinfantil, deportes, bisutería, informática, alimentación, papelería, material escolar,xoguetería e por primeira vez telefonía. O horario do evento será de 11 a 14.00 e de 17 a 21 e a entrada será gratuíta.
Inauguración
Ao acto inaugural do evento, que terá lugar o venres 25 de novembro ás 12h, coa Asistencia de autoridades locais, encabezadas pola Alcaldesa do Concello de Marín María Ramallo Vázquez e contarase tamén coa presenza do Director Xeral de Comercio e Consumo, da Xunta de Galicia Manuel Heredia Pérez.
O evento é organizado polo Centro Comercial Aberto Estrela de Marín, e xurde porpetición dos establecementos comerciais, que debido ao actual retraemento no consumoestán acumulando stocks. Queremos agradecer a colaboración do Concello de Marín, e a cofinanciación da Xuntade Galicia.
(*)Xerente Asociación Centro Comercial Local Estrela de Marín