Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Tras a primeira xornada de presentación, hoxe inícianse as Xornadas Blanco Freijeiro que tratarán sobre a perspectiva histórica dos cambios climáticos

Carriola.Redacción.22.11.22

A concelleira de Cultura Beatriz Rodríguez Gómez poxo comenzo onte na Biblioteca Pública de Marín a una nove adición das Xornadas Blanco Freijeiro coa presentación do programa e a recepción dos participantes aos que se lles fixo entrega da documentación correspondente tras a confirmación das inscricións feitas segundo a convocatoria realizada anteriormente

 

Tal como estaba previsto onte iniciouse o ciclo “Xornadas Blanco Freijeiro” cun acto de presentación de participantes e recollida da documentación tras o que a concelleira de cultura, Beatríz Rodríguez procedeu á inauguración xunto con Juan Castro, de “Anta de Moura” e Gonzalo Sancho, sobriño de Blanco Freijeiro.

A Concelleira destacou a importancia destas xornadas que desde hay máis de dúas décadas se veñen celebrando en Marín con gran interés e salientou o contido deste ano relacionado coa problemática do cambio climático desde unha visión histórica.

Pola súa banda, Gonzalo Sancho tivo unhas palabras para lembrar ao seu irmán Carlos falecido había tan só 48 horas ao que botou de menos enre o público da Biblioteca como todo os anos. Gonzalo destacou desde a súa experiencia na loita de “Vai polo Río” que encabeza desde hai anos en Pontevedra, a necesidade de facer esforzos sen límite para salvar o futuro ecolóxico do planeta e agradeceu ao concello de Marín o mantemento destas xornadas que levan o nome do seu tío Antonio, gran científico que orixinou este ciclo de xornadas hay dúas décadas.

Finalmente, Juan Castro fixo unha explicación do contido das xornadas e destacou un por un a personalidade científica e cultural dos ponentes de cada xornada.

O programa que dará comenzo hoxe martes será o seguinte: 

Martes 22/11/22.

Antonio Manuel Martínez Cortizas será hoy el primer relator de las Xornadas

“Dori e os arquivos do clima”.20:00 h. Relator: Antonio Martínez Cortizas. Catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola, Facultade de Bioloxía, Universidade de Santiago de Compostela.

Tratará sobre como se pode coñecer o clima do pasado, e se revisarán distintos cambios que se teñen producido.

Mércores 23/11/22.

“Encadre ambiental e arqueolóxico da explotación romana de sal en Vigo”.

20:00 h. Relatores: Juan C. Castro Carrera e Lourdes López Merino. Arqueólogo,Anta de Moura S.L.; Paleoecóloga, Unidade de Botánica da Facultade de Farmacia, Universidade Complutense de Madrid.

Mércores 23/11/22.

Tras a visión xeral do martes, o mércores e xoves trataranse casos concretos sucedidos en Galicia. O primeiro céntrase nos primeiros séculos da nosa era,momento no que se produciron subidas e baixadas do nivel do mar, temperaturae precipitacións. A produción de sal no Vigo romano permite estudar estescambios e as consecuencias que tivo para a vida e a actividade económica da época.

Xoves 24/11/22.

“A Pequena Idade de Xeo: desamaños e desastres”.

20:00 h. Relator: Camilo Jesús Fernández Cortizo. Profesor Titular da Área de Historia Moderna do Departamento de Historia, Facultade de Xeografía e Historia,Universidade de Santiago de Compostela.

Este período en Galicia tivo lugar entre os séculos XV e XIX, e se caracterizou fundamentalmente por unha baixada das temperaturas e un incremento das precipitacións. Veremos en detalle estes cambios e a repercusión que tiveron na vida das persoas e na paisaxe, entre outras cuestións.

Venres 25/11/22.

“Meteoroloxía antiga para predicir o clima do futuro”. 

20:00 h. Relator: Juan Antonio Añel Cabanelas. Profesor Titular de Física da Terra,Universidade de Vigo, investigador no EPhysLab (Campus de Ourense). Trátarase sobre os modelos climáticos e as predicións que nos fan para o futuro, pero partindo do clima do pasado, onde se proba a validez dos modos climáticos.

21:30 h. Clausura e entrega de diplomas de asistencia, a cargo da Sra. Alcaldesa María Ramallo Vázquez.

Domingo 27/11/22.

Visita ás salinas de O Seixal e A Lagoa, A Guarda.

As Xornadas rematarán coa habitual saída para visitar lugares relacionados coa temática tratada. Nesta ocasión achegarémonos ao concello de A Guarda, para coñecer as salinas romanas de O Seixal, que son bo exemplo do cambio climático sucedido nesa época, e tamén as prerromanas de A Lagoa.

 

roslev