Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

VÍDEO. Os saljariteiros recuperando vellos costumes populares

Saljariteiros, o único grupo galego de cantos de taberna que actuou nun tanatorio

Marín foi sempre un pobo amante do canto. Non é agora momento de falar de coros, corais e agrupacións de gran proxección cultural e exitosos intres, aínda que poderíamos facer unha longa disertación lembrando agrupacións e directores de gran prestixio neste eido.

Hai que ir moi atrás para lembrar con nostalxia aqueles mariñeiros que, logo de pasar dúas semanas a bordo dos precarios barcos de pesca daquel tempo, disfrutaban do “quincenal”, tres ou catro días en terra, e tiñan por costumbre percorrer as tabernas da localidade para compartir os grolos daqueles viños peleóns, “ribeiros” de barril e “castillas” de non sei onde, e cantar en grupo mentras, nalgún tempo, pasaban de boca en boca as tazas comúns que engraxaban as gorxas para “botar outra”. É unha estampa nostálxica da que, os que temos xa neve na cabeza, podemos lembrar con ledicia.

Aquel costume foi desaparecendo porque os taberneiros empezaron a limitar os permisos para cantar nos seus locais onde, nalgúns casos, aparecía o cartel de “Se prohibe cantar”, e tamén porque, aquela flota de miserables barcos de madeira, foi dando paso a outros de ferro, de maior envergadura e capaces de afastar aos homes das casas e do pobo, porque as mareas eran xa moito máis lonxanas e longas no tempo, e o quincenal foi desaparecendo para dar paso a outras maneiras de descanso en terra para os esforzados homes do mar. E as tabernas foron quedando mudas e orfas daquel costume tan tradicional como era o canto dos mariñeiros.

Pero a propia nostalxia é sempre recurrente e, nalgún momento da vida, vólvese a mirada atrás e os corazóns sinten a necesidade de recuperar o perdido ainda que sexa con cambios, se cadra importantes na estructura, pero coa ledicia do retorno ás raíces propias.

E sendo así, aparecen os grupos de “Cantos de Taberna” por todas partes e, principalmente, polos pobos mariñeiros como o noso que non podía quedar atrás nesta realidade. Aquí temos a “Os Saljariteiros” que, en calquera momento do ano que o permita o virus este que nos ten amargados, están prestos a aparecer en bares e tabernas; en escenarios e festivais, e alí onde podan dar ambiente aos veciños, a os que fan participar da súa ledicia e bo humor, ou colaborar con total desinterés en calquer acto benéfico que se lles propoña. Teñen a raíz no desaparecido grupo “A Gaita do Avó”, alá ao comenzo da década dos noventa cando compartía afición con outras agrupacións do Morrazo e Pontevedra, empeñadas na recuperación do folclore galego máis popular. Centraron, non obstante, no canto de taberna a  actividade seguindo os pasos doutras populares e moi preciadas agrupacións como “A Roda”, “Xocaloma” ou “Ruada” por nomear a algúns que deixaron e deixan impronta do que é este xénero musical ateigado ao máis intrínseco da xente sinxela dos pobos galegos.

Os nosos “Saljariteiros”, que engaden ás súas voces algúns instrumentos musicáis, como a gaita ou o acordeón, teñen, ademáis do mérito de recuperar a ledicia  máis popular, o da reincursión dos seus cantos nas tabernas e nos bares que lles permiten expresar a espontaneidade da música galega devolvendo ao pobo aquel recurso de poder desfogar as tensións do traballo mariñeiro naqueles precarios barcos de pesca de hai máis de medio século.

Bueu, Cangas, Pontevedra, Cuntis, Bertamiráns, Santiago, Arzúa, Melide, Viladecruces, Rebordondo e un longo etc. de cidades, vilas e aldeas, xúntanse con Marín no rosario de actuacións dos “Saljariteiros” que mostran deste xeito o seu compromiso coa divulgación do patrimonio cultural en defensa da música, da lingua e das cancións galegas máis populares coas que participan en seráns, festivais e foliadas cos seus pasodobles, muiñeiras, xotas e rumbas  da nosa terra levando tamén sobre eles o nome de Marín a todas partes.

No seu programa de todo o ano que sexa “normal”, aparecen os segundos venres de cada mes, entre febreiro e xuño, reservados para cantar polas nosas tabernas, redondeando a actividade co día de “Marín canta”, no mes de agosto, e a recuperación da festa do San Caralampio, patrón dos chiquiteiros, que herdaron da murga “Xaranga-llo Manga-llo” , e ten a data fixa de celebración no primeiro domingo de setembro.

Os Saljariteiros foron distiguidos co premio "Facendo Historia- 2019" nun acto organizado por Ángel García Carragal e que tivo lugar na sala de Plenos do Concello coa presencia da alcaldesa e outras autoridades e representacións ademáis de numerosas persoas que enchían o recinto municipal.

Nada os detén no seu desexo de animar, e non hai mellor exemplo que o acontecido polo San Martiño, en Rebordondo (Ourense) onde, despois de participar na procesión, foron invitados a xantar nunha casa ainda que, antes deso, deberían tocar e cantar na planta baixa que era, nin máis nin menos, un tanatorio que, afortunadamente, non tiña difunto aquel día. ¿Haberá algún outro grupo de cantos de taberna que actuara nun tanatorio en toda Galicia?

Pois hoxe Carriola de Marín quere deixar aquí una mostra do ánimo destes músicos e cantores populares aos que so lles falta que o Covid agache a cabeza para sair de novo polas rúas do entorn e reproducimos un video cedido por Sito, de “Dybai Eventos” que está igual de “tolo” coma eles.

Watch the video

roslev