Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Esta tarde iníciase a programación navideña co encendido do alumeado, a saída do tren do Nadal, apertura do mercado de artesanía e a chocolatada solidaria

Carriola.Redacción.02.12.22

Esta tarde darase o pistoletazo de saída do alumeado de Nadal ás 18,30 horas ída que a primeria viaxe do tren navideño está prevista para ás cinco e media. Asimesmo abrirase a feira de Artesanía de Galicia nas casetas que xa están habilitadas na Alameda

 Pero o ambiente navideño vivirase xa desde esta mesma tarde e para elo as ONGs de Marín coa colaboración do Concello organizan a gran chocolatada solidaria no entorno da alameda.E dentro do progama de actos de hoxe está a charla que Manuel Villanueva “Cachi” ofrecerá no Museo Torres, s oito da tarde,  para pechar a celebración do setenta sniversario da fundacion da Asociación de Cultura e Arte Santa Cecilia, hoxe “Ateneo”, conferencia que xirará en torno aos acontecementos principais e históricos desta sociedade como son a conservación dos Maios, do Enterro da Sardiña e a Danza de Espadas sen desbotr ouitras actividades menos exclusivas do Ateneo.

 

Manuel Villanueva "Cachi", falará hoxe no Museo sobre o Ateneo Santa Cecilia

E a partir de mañan un denso programa de actividades

Xa mañán se podrà en marcha un importante programa de actividades de todo tipo realcionadas co Nadal das que podrán disfrutar nenos e maiores. Reproducimos a continuación o programa íntegro que culminará coa noite de Reis coa celebrción da tradicional Cabalgata e a representación de Belén vivinte no Templo Novo.

  Sábado 3

19:00 h. CINE DE NADAL coa película PIKACHU, na Carpa da Alameda

Domingo 4

  • 18:00 h. Curso de arreglo floral. Organiza Asoc. Ballet de Galicia. Carpa da Alameda

Luns 5

  • Comezo das Rutas do TREN DE NADAL nos centros escolares de infantil e primaria

Martes 6

  • 17-21 h. LUDOXORNADAS. Xogos de mesa a cargo da asoc. Tempus Ludit. Carpa da Alameda

Mércores 7

  • 19:00 h. Festival de Nadal da Escola Municipal de Música. Carpa da Alameda

Xoves 8

  • 17-21 h. LUDOXORNADAS. Xogos de mesa a cargo da asoc. Tempus Ludit. Carpa da Alameda

Sábado 10

  • 17:00 - 21:00 h. MINI MERCADO DE NADAL coas ANPAs de Marín na Alameda
  • 18:00 h. CHOCOLATADA SOLIDARIA realizada polas ONGs na Alameda
  • 18:00 h. Bailes de Nadal dos ZUMBIS, na Alameda·

.19:00 h. Concerto de Nadal da Banda de Música MUSIMARÍN na Alameda

Xoves 15

  • 12:00 h. Exposición de Decoración de Nadal no Museo, organiza Bolymar

Venres 16

  • 17:00 h. Inauguración CARPA DE ACTIVIDADES INFANTÍS ENGADO MARÍN na Alameda coa participación dos Bailes de Nadal dos ZUMBIS de Marín. o Ata o 08 de xaneiro o Horario: 11.30-13.30 h. // 17 a 21 h.

17:30 h. Inauguración FEIRA NADAL MARÍN na Alameda. (Ata o 5 de xaneiro)

18:00 h. Inauguración CARPA DE ACTIVIDADES XUVENÍS ENGADO MARÍN no Parque Eguren

o Ata o 08 de xaneiro . O Horario: 12-14 h. // 17.30 a 22 h.

  • 18:00 h. CHOCOLATADA SOLIDARIA realizada polas ONGs na Alameda.
  • 20:00 h. Concerto de Nadal da Banda de Música da ESCUELA NAVAL MILITAR DE MARÍN no Multiusos

Sábado 17

  • 17:00 h. Actividade de dinamización comercial con animación infantil e chocolatada no CENTRO COMERCIAL MORRAZO, organiza Asociación de Comerciantes C.C.Morrazo e Concello de Marín
  • 17:00 h. PAPANOELADA MOTEIRA, percorrido Seixo, Pardavila, finalizando na Alameda, organiza Moteros Solidarios
  • 17:00 h. III Gala Botón de Ancla. IES Illa de Tambo● 18:30 h. Teatro VERBAS no Multiusos, organiza Asociación Kalos

Domingo 18

  • 18:30 h. Concerto de Nadal da CORAL EVANXÉLICA DE MARÍN no Multiusos, organiza Asociación Kalos.

Martes 20

  • 11:30 h. Videoconferencia de Papa Noel na Aula CEMIT. Asiste alumnado de infantil do CEIP Sequelo

Mércores 21

  • Exposición de contos e debuxos do Nadal no Ateneo Santa Cecilia. (De 11 a 13h. e de 18 a 20h e sábados de 11 a 13h. Ata o 6 de xaneiro)
  • 20:00 h. Entrega de premios do Concurso de Contos e Debuxos de Nadal no Ateneo Santa Cecilia

Xoves 22

  • 20:00 h. Concerto das Corais Lembranzas, Thalassa e Poio. Igrexa Vella

Sábado 24

  • 11:00 h. RANCHO DE REIS polas rúas de Marín, organiza Asociación Pousos da Area
  • 17:00 h. Carroza de PAPÁ NOEL polas rúas de Seixo e a partir das 18 h actividades infantís no Mercado de Seixo, organiza ACEMAS e Concello de Marín

.18:30 - 20:00 h. Recepción de PAPÁ NOEL na Alameda, organiza

Concello de Marín

Domingo 25

  • 19:30 h. Visita do APALPADOR na Alameda, co “Nadal en Galego” da Deputación de Pontevedra

Martes 27

  • 12:00 h. Javier Muro, MAGO ILUSIONISTA, na Casa de Cultura de Seixo, organiza ACEMAS

Xoves 29

  • 12:00 h. TEATRO EXPRESIÓN na Casa de Cultura de Seixo, organiza ACEMAS

Sábado 31

  • 12:00 h. FESTA FIN DE ANO INFANTIL. Recreación das uvas do Nadal, na Alameda

XANEIRO 2023:

Mércores 4

  • 17:30 h. CINE DE NADAL no Cine de SEIXO, entrada libre ata completar aforo (190 persoas)

Xoves 5

  • 12:00 h. Animación Infantil na Alameda
  • 16:30 h. Festival de Reis en ARDÁN, na Casa de Cultura de Carballido-Ardán
  • 18:00 h. GRAN CABALGATA DE REIS co percorrido habitual.

Ao rematar, BELÉN VIVINTE na Igrexa Nova, organiza Asociación Os da Caña e Concello de Marín

  • 20:00 h. SORTEO dun Xamón entre as compras realizadas na FEIRA DE ARTESANÍA NADAL MARÍN na Alameda, organizan os artesáns

 

roslev