The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Concello presume da plantación de 4.000 unidades de de novas e atractivas especies vexetais ornamentais ao longo da Avenida de Ourense

Carriola.Redacción.05.12.22

A humanización da Avenida de Ourense non só supuxo un cambio radical na mobilidade da principal arteria urbana da nosa vila, senón que tamén mudou a súa estética paisaxística, coa intervención de xardinaría que se acompañou ao proxecto de humanización- segundo estiman desde o Concello valorando principalmente a implantación de novedosa vexetación na zona

“Ao igual que o mobiliario público ten que coidarse, respectarse e manterse ao longo do tempo, o mesmo acontece cos xardíns municipais - indican nun comunicado remitido onte onde, segundo explican: “A día de hoxe, tan importante é escoller as plantas que se colocan nun espazo urbano, no que hai moitos factores que impactan no seu crecemento e desenvolvemento, como as técnicas de mantemento e de coidado que se aplican unha vez o xardín toma vida nas rúas e prazas”.

Referíndose concretamente á renovación da Avenida de Ourense, manifestan que Neste caso, prantexouse un axardinado con plantacións densas e frondosas, cun gran valor estético, sobre todo de folla perenne para aumentar o seu valor paisaxístico e que tivesen un crecemento medio, de tal xeito que se adaptasen a un terreo de cota baixa, que non pode colapsar co paso dos ano, pero, ademaism tamén foi importante escoller propostas que supuxeran uns labores de mantemento mínimos, de tal xeito que o coidado destes novos xardíns non supoñan maior custe nin dedicación, para poder adaptarse aos recursos municipais.

Variedade de plantación que supón un atractivo novo

Desde o concello recórdase que en total, foron plantadas catro mil unidades destas plantas, que actualmente son un atractivo máis no paseo pola principal avenida da vila.De xeito concreto, estas foron as especies arbustivas utilizadas:

  • Nandina doméstica: coñecida polos seus espectaculares frutos vermellos e a excelente cor da súa follaxe.
  • Nandina Gulf Stream: frutos vermellos e cun follaxe tupido e compacto.
  • Nandina Obssesed Seika: follaxe tupido e compacto.
  • Nadina Lemon and Lime: cunha cor chamativa e follaxe compacto.
  • Nandina Fire Power: chamativa polas atractivas follas perennes vermellas en primavera, verdes no verán e alaranxadas no outono.
  • Leucothoe axilaris Curly red: chamativas follas rizadas perennes que van cambiando de cor. Flores blancas na primavera e baias vermellas.
  • Leucothoe scarletta Zeblid: follas granates, verdes e púrpuras segundo a época do ano.
  • Pennisetum Hameln: herba compacta, verde en verán con vistosas espigas, que en outono tornan amarelas.
  • Myhlenbergia capillaris: herba con floracións elegantes e vaporosas de cor rosa de cara a finais de setembro..
  • Ophiopogon japonicus: planta tapizante de atractivo follaxe verde.