Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A páxina WEB do concello é un portal maiormente baleiro de contido contra o anunciado pola alcaldesa

Carriola.Lucía Santos Omil (*).20.12.22

Desde o BNG solictamos unha mellora substancial da nova páxina WEB do concello de Marín porque o goberno municipal debe mellorar substancialmente o cumprimento da Ley de Transparencia

O pasado mes de novembro, o Concello de Marín renovou a páxina web co obxectivo, supostamente, de facer unha ferramenta máis accesíbel e acceder a información municipal con facilidade e, contra o anuncio da alcaldesa María Ramallo dunha nova páxina web clara e transparente, atopámonos cun portal maiormente baleiro de contido, xa que a maioría de apartados que aparecen non contan con información algunha.É por isto que solicitamos no pleno municipal celebrado o pasado xoves que se engada a información municipal en cumprimento coa Lei de Transparencia.

O goberno municipal debe mellorar substancialmente o cumprimento da Lei de Transparencia en cuestións tan básicas como son o acceso á información das ordes do día previas dos plenos municipais, ás actas íntegras dos plenos, comisión informativas ou ás propostas dos grupos políticos municipais.

O portal de información municipal non ten publicado información algunha de cuestións moi importantes para a veciñanza como son os órganos de goberno e as súas funcións; as contas anuais do concello ou os contratos de obra menor realizados por parte do goberno municipal. En canto ao apartado de orzamentos, tan só aparece publicada a información dos exercicios dos anos 2017 e 2018.

A nova páxina web carece de ferramentas tan básicas como un buscador que facilite as consultas ou a creación de enlaces directos que leven directamente ao usuario a determinada información que resulte de especial importancia como poden ser ordenanzas municipais.

Amais disto, apartados que poden resultar de interese xeral, como son turismo ou cultura, tampouco contan con información algunha, co que isto implica de cara a consultas turísticas dando así unha imaxe do concello de Marín pésima.

(*) Lucía Santos Omil é a Portavoz Municipal do BNG

 

roslev