Carriola.Redacción.05.01.23
A sala de exposicións do Ateneo Santa Cecilia ten o pracer de recibir a obra da artista Xela Area Pesqueira baixo o título de "NON ASÍ", coa súa obra de escultura cerámica e obra en papel que se poderá desfrutar dela do 10, data na que terá lugar a inauguración da mostra, ata ao 20 de xaneiro, no local do propio Ateneo (Rúa do Forno, 42, baixo)
"NON ASÍ" é o título xenérico da exposición e a autora da obra exposta manifesta “quero chamar a atención sobre os intereses que teñen algúns seres humanos, pola cobiza e polo poder, aínda que sexa a costa de ir perdendo a verdadeira esencia, o equilibrio, o emocional e a conexión que nos rodea. Amosando os instintos máis primitivos e destrutivos, sen pensar en protexer e coidar, enchendo de monstruosidade e esperpento os nosos paisaxes, as nosas aldeas e a nosa forma de vivir e sentir, levándonos a unha desaparición sen volta e deixándolle as portas abertas aos "bárbaros". A miña reflexión - remata - é que coido que sempre se poderían facer as cousas mellor”.
Cerámica, gravado e fotografía

Xela Area indica tamén “Traballo con cerámica que é o que me satisface, sendo un mundo no que me refuxio para dar vida a materia, buscando un espazo onde poida atopar un sentido e unha interpretación para min e para quen a contempla, desenrolando sempre o meu traballo en vivezas e sentimentos que me acompañan no meu percorrido cotián. Gústame tamén esculcar con outras disciplinas artísticas como o gravado, a fotografía e a obra sobre papel. Esta última tamén aparece na exposición "NON ASÏ" xunto coa cerámica”
A autora que ten un lonco curriculo artístico de exposicións e mostras tanto individuais como colectivas, non serà a primeira vez que expón os seus traballos no Ateneo Santa Cecilia no que xa se coñece a calidade da súa obra.