The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Tibisay Castro Moreira gañador do premio de 1.000 euros da campaña de Nadal convocada polo comercio do Morrazo

Carriola.Informa Estrela de Marín.10.01.23

A Campaña de Nadal “TI ES A NOSA ESTRELA DO NADAL”, rematou onte co sorteo, que foi retransmitido en directo en Redes Sociais, dos 4 grandes premios de 1.000 euros en vales compra, dos que pronto gozarán os seus gañadores.

Tal como se  explicaba nas bases da campaña, os premios outorgábanse ao azar entre todas as participacións rexistradas en www.comerciodomorrazo.com, Os gañadores/as dos 4 premios de maior contia, de 1.000 euros cada un, competían dentro dese gran “bombo virtual” e que nesta edición acumulou máis de 80.000 participacións, exactamente 85.591 superando os datos históricos de participación de campañas de nadal.

Así se puxo fin á campaña que este ano, e por segunda vez, levou por nome “TI ES A NOSA ESTRELA DO NADAL”, e que repartiu máis de 15.000 € en premios.

Marín foi o concello de maior participación

No tocante a nosa vila de Marín, rexistráronse un total de 24.322 códigos, superando deste xeito, os números da campaña de Nadal do ano pasado e convertíndose un ano máis na vila do Morrazo, que máis códigos rexistrou.

Gañadores dos premios de 1.000 eurtos

A entrega de premios ao gañador de Marín, terá lugar o mercores día 11. Deste xeito ás 13h, Tibisay Castro Moreira recollerá o seu vale de 1.000€, no Concesionario Renault (Carlos Abreu SL).

Os outros tres premios foron para Noa Mariño Martínez, de Bueu; Joaquín Loira Soto, de Cangas e Marisa Vázquez, de Moaña