Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Davila pon a imaxen ao 8M marinense para visibilizar ás mulleres do sector da alimentación

Davila pon a imaxen ao 8M marinense para visibilizar ás mulleres do sector da alimentación

As mulleres que traballan no sector alimentación e máis concretamente nos supermercados e tendas do ramo, son a referencia neste ano da celebración do 8M en Marín que quere ser unha data na que “reivindicar a loita histórica da muller por conseguir a igualdade plena e real, mellores condicións laborais, a erradicación da violencia de xénero, a defensa dos seus dereitos e a xustiza social, tal e como se pode ler no inicio da declaración institucional preparada para os actos deste día.

Videos sustituindo a outros actos e viñeta de Davila

Segundo indican desde o Concello, “Debido á situación sanitaria, os actos que normalmente presidían este día non poderán realizarse coma sempre e por iso o se preparan dous vídeos que se promocionarán o mesmo día 8 nas redes sociais do Concello, no que serán protagonistas mulleres traballadoras no sector da alimentación, tradicionalmente feminizado e ao que se lle adica este día na vila”.

O que si ten este 8M, igual ca todos os anteriores, é a tradicional viñeta do ilustrador Luís Davila, que desta vez emprazou a escena nun supermercado, onde conversan unha clienta e unha traballadora, viñeta que lucirá nos distintos establecementos da vila grazas a uns vinilos que se repartirán nos vindeiros días.

 

roslev