Editan un album con fotos representativas do traballo feminino local
“8M Retrato das Mulleres” é o título dun album co que, a comisión da muller do Bloque Nacionalista Galego deste concello, quere homenaxear ás mulleres de Marín facendo un percorrido pola xeografía local atopando mulleres de distintas clases sociais ou oficios iniciando a exposición en persoas dende o século XIX, e chegando a actualidade, fixándose en mulleres anónimas ou recoñecidas pero, en consideración do BNG “todas elas silenciadas polo patriarcado”
Presentación ca campaña
Ta como estaba anunicado, hoxe mércores foi a presentación do devandito album na sede do Bloque ubicada la praza da Veiguiña con presencia dalgunhas das mulleres relacionadas na ilustración antedita. A partir de hoxe irán colgándose as fotografías destas mulleres tanto na web como nas redes sociais, un plan que rematará co presente mes, o dia 31.
Do mesmo xeito, según anunciaron no acto de presentación, as mulleres do BNG, o xoves día 4 seguirán a ruta establecida para esta celebración “salindo á rúa - dixeron - para colgar cartaces coas historias destas mulleres bravas, polas prazas máis emblemáticas da nosa vila compartindo espazo e loita coas asociacións feministas de Marín”.
Engadiu tamen a responsable local, Jessica Souto no acto de presenetación, “Lanzaremos videos das membras do BNG apoiando a folga deste 8M, a piques de cumprir un ano do confinamento pola crise socio sanitaria, as mulleres puidemos comprobar como seguen confinados os noso dereitos, por iso este 8 M con novas medidas, sairemos ás rúas ben desinfectadas para rematar co vello virus do patriarcado”.