Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Centro de Información á Muller fai balance do seu labor e das actividades realizadas ao longo do pasado ano

Carriola.Nota de prensa do Concello.15.01.23.

O Centro de Información a Muller de Marín vén de rematar a súa memoria anual de actividades realizadas durante o 2022, un ano no que, de novo, a loita contra a violencia de xénero e a concienciación cara á cidadanía da importancia de superar a lacra do machismo formou parte da axenda municipal.

Ao longo dos 12 meses que despedimos recentemente, leváronse a cabo decenas de actividades, tanto enmarcadas nalgunhas das datas máis relevantes a nivel de igualdade, como o 8M ou o 25N, pero tamén noutros momentos do ano.

Algunhas das máis destacables foron, por exemplo,

* A exposición que se levou a cabo para conmemorar os 15 anos da convocatoria do Consello Municipal da Muller.

* Tamén se realizou o programa Igualdade a Pé de Rúa.

* Situouse un posto divulgativo na Praza 8 de marzo, en horario de mañá,con actividades para visibilizar as violencias machistas e todos aqueles machismos invisibilizados que podemos atopar na sociedade. Esta acción estaba dirixida por profesionais con formación especializada en materia de igualdade.

* Repartiuse material divulgativo, organizouse un photocol polo bo trato a través dun escenario creativo, creouse un espazo para a lectura en igualdade e cada persoa que participaba era invitada a cubrir unha enquisa sobre a igualdade para coñecer a situación do Concello.

* A exposición da ONU, sobre a historia do feminismo, tamén foi outra actividade destacada, así como a de ROMPE, da Deputación de Pontevedra.

* Por outra banda, impulsouse un programa de Empoderamento e Activación para o Emprego. Esta actividade foi xestionada polo CIM e posta en marcha pola Asociación de Mulleres con discapacidade de Galicia (ACADAR). O obxectivo principal foi fomentar o empoderamento e potenciar a integración sociolaboral dun colectivo que tradicionalmente se enfronta a múltiples discriminacións, como é o das mulleres con discapacidade.

* Realizáronse itinerarios personalizados de inserción sociolaboral, sesións grupais de apoio psicosocial, intervencións grupais orientadas ás habilidades prelaboais e alfabetización tecnolóxica.

* Tamén se realizou seguimento a nivel individual para acadar os obxectivos e metas específicas expostas con cada beneficiaria. Participaron un total de 10 mulleres usuarias do CIM con certificado de discapacidade ou en trámites.

No que respecta a material de formación, tamén de creou unha Guía Rápida de actuación sobre a violencia de xénero, que foi entregada ao persoal dos Centros de Saúde e aos corpos de seguridade.

 

roslev