Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Ateneo Santa Cecilia anuncia a exposición no seu local de obras do pintor Xoan Cerviño, Paisaxes Interiores

Carriola.A.Santa Cecilia.19.01.23 

A sala de exposicións do Ateneo Santa Cecilia ten o pracer de recibir a obra pictórica do artista Xoán Cerviño baixo o título de PAISAXES INTERIORES. Poderemos desfrutar das súa obra acrílica dende o 24 de xaneiro ao 3 de febreiro.  

Xoán Cerviño realiza numerosas exposicións colectivas e individuais ao longo dos anos, contando con críticas favorables de expertos coma: Antón Castro, Javier Maderuelo, Juan Manuel Bonet ou Tomás Paredes, entre outros. 

A inauguración terá lugar o vindeiro martes, 24 de xaneiro ás 20:00 horas ​no local do Ateneo (Rúa do Forno, 42, baixo)  

 Paisaxes interiores

Segundo indica o propio autor."Estas pinturas son imaxes rescatadas da memoria... Da memoria de tantas andainas pola Baixa Ulla a as súas bocaribeiras, e polas Terras de Montes. Desas experiencias naceron estas paisaxes" 

 

Cerviño conta cun curriculo profesional e artìstico moi importante xa que é  Licenciado en Belas Artes pola Facultade de Pontevedra. Universidade de Vigo e asiste a numerosos cursos relacionados con "Arte e naturaleza" e "Coa paisaxe".

A súa obra está presente en numerosos lugares e entidades entre as que destacan:

  • "EL CORTE INGLÉS ". VIGO. 
  • KINGSTON UNIVERSITY. LONDRES 
  • MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEO UNIÓN FENOSA. A CORUÑA. 
  • COLECCIÓN BANCAIXA. VALENCIA. 
  • "CAJA DE MADRID ". PONTEVEDRA. 
  • "EL PUNTO DE LAS ARTES ". MADRID. 
  • CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEO. SANTIAGO DE COMPOSTELA. 
  • FUNDACIÓN RODRIGUEZ IGLESIAS. A CORUÑA. 
  • COLECCIÓNS PARTICULARES. 

 

roslev