The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Seis remeros e un técnico do "Club de Remo Ría de Marín" convocados coa selección galega

Carriola.Informa CdR Ría de Marín.25.01.23

No mes de febreiro terá lugar o Campionato de España de remo por Autonomías e xa foron convocados os que formaràn parte da selección galega e, entre eles, un tècnico e seis remeiros do Club de Remo Ría de Marín

 A Federación Galega de Remo ven de publicar esta mañá a lista de convocados para a Selección Galega de Remo, que competirá no Campionato de España por Autonomías o próximo 19 de febreiro en Castrelo de Miño. Os 6 remeiros marinenses convocados son os cadetes Xián Gutiérrez, Xairo Ribadulla, Hugo González e Martín Vázquez; e as xuvenís Pilar García e Saioa Iglesias. Ademais tamén foi convocado o adestrador Emilio Gutiérrez para colaborar coa selección. Os de Marín forman un dos grupos máis numerosos de entre os convocados, so por detrás do Club de Remo San Felipe (Ferrol), e empatados co Club de Remo Vigo.

Esta convocatoria supón un gran pulo e alegría para o club marinense que, a pesar das malas condicións coas que conta para entrenar, un dos espazos máis reducidos e con peores accesos á auga de toda España, continua colleitando éxitos, confirmando o bo facer do clube e dos técnicos da canteira de remo de Marín.