Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O próximo sábado, día 28, finaliza o prazo de presentación do concurso de cartaces sobre o Enterro da Sardiña

Carriola.Informa Ateneo Santa Cecilia.25.01.23.

Recordamos que este sábado, 28 de xaneiro, remata o Concurso de cartaz anunciador do Enterro. Dotado cun único premio de 300 euros. As propostas en formato Din A3 poderanse presentar fisicamente no noso local ou mediante correo electrónico: ateneosantacecilia@gmail.com.

 Sosegamos de novo as bases do concurso para máis información:

PRIMEIRA.- OBXETO 

O presente concurso ten por obxecto seleccionar o cartaz anunciador do “Enterro da sardiña 2023”

SEGUNDA.- PARTICIPANTES 

Poderán participar no concurso todas aquelas persoas maiores de 18 anos que estean

interesados/as nesta convocatoria, cun máximo dunha obra por autor/a.

TERCEIRA.- 

A.- TEMA: O Enterro da Sardiña

B.- CARACTERISTICAS TÉCNICAS:

▪ Será de técnica libre para que sexa posible a súa reprodución, sempre que sexan orixinais.

▪ Os cartaces presentaranse en formato Din A3.

▪ Título “ENTERRO DA SARDIÑA 2023” aparecerá no deseño.

▪ No caso de empregar algunha imaxe ou marca que non sexa propiedade do autor/a, deberase xustificar a compra dos dereitos (excluiranse de concurso as obras con imaxes

procedentes de internet protexidas por dereitos de autor).

▪ Breve explicación (máximo 5 liñas).

CUARTA.- PREMIO

Establécese un único premio de 300 euros. Mediante o outorgamento deste premio o Ateneo Santa Cecilia adquire en exclusiva tódolos dereitos de propiedade intelectual inherentes a obra premiada e poderá libremente utilizala para publicitar o Enterro da Sardiña do ano 2023.

QUINTA.- PRESENTACIÓN

Os traballos presentaranse no local do Ateneo Santa Cecilia sito na Rúa do Forno, 42 – Baixo, de martes a venres en horario de 17:30 a 20:30 horas ou os sábados de 11:00 a 13:00 horas ata o sábado 28 de xaneiro de 2023, que quedará pechado o prazo de admisión.

Tamén é posible o seu envío vía correo electrónico ateneosantacecilia@gmail.com.

Os cartaces presentaranse sin ser asinados polo autor/a, e identificados baixo un lema que

aparecerá na parte traseira. A presentación do cartaz deberá acompañarse dun sobre pechado onde no seu exterior figurará o lema do cartaz e no seu interior figurará outro sobre cos seguintes datos: nome, apelidos, DNI, dirección, teléfono e correo electrónico.

.

 

roslev